A Deputación de Ourense pagará case tres millóns de euros polos fondos de La Región

“¿A qué se pueden dedicar 3 millones del presupuesto público?”, publica La Voz de Galicia logo de ter recibido tamén millóns de euros da Xunta para publicar o DOG e mercar unha rotativa.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 30/05/2017 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense pagará 2,7 millóns de euros a La Región para adquirir o arquivo dos seus exemplares. Un acordo que denunciou este luns Democracia Ourensá (DO) e cuxo líder, Gonzalo Pérez Jácome, cualificou de “subvención encuberta”. Así, e segundo este contrato, o diario recibirá 900.000 euros este ano, 900.000 o próximo e outros 900.000 no 2019.

Oscar Outeiriño, propietario de La Región, con José Manuel Baltar
Oscar Outeiriño, propietario de La Región, con José Manuel Baltar | Fonte: Deputación de Ourense

Non é a primeira vez que a Deputación de Ourense e La Región tentan chegar a acordos deste tipo. Durante o bipartito, e co consentemento dos tres grandes grupos –PP, PSOE e BNG--, o goberno provincial de Ourense, daquela dirixido por José Luís Baltar Pumar, pai do actual presidente, tamén tentou entrar a formar parte do accionariado da empresa xornalística.

O organismo provincial pretendía, entón, inxectar 1,5 millóns de euros para tentar axudar na difícil situación económica na que, por aquel entón, se atopaba La Región. A polémica que se orixinou ao facerse pública a operación fixo que esta se frustrase. 

Práctica habitual

La Región non é o único medio que recibe cuantiosas axudas institucionais por contratos directos coas administracións. De feito, La Voz de Galicia ten recibido importantes axudas da Xunta para mercar a súa actual rotativa. Ademais, o Goberno galego adxudicoulle hai case dez anos a publicación do DOG, primeiro en papel, e logo a súa xestión electrónica. Unha adxudicación que, durante anos, mantivo El Correo Gallego.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

Foi en 2011 cando La voz gañou o  concurso para lanzar a nova edición electrónica DOG. Un custe que ese ano foi de 684.000 euros ao ano, mentres que en 2010 a Xunta pagáralle á La Voz  1,1 millóns pola versión en papel do DOG.  

Desde o 2008 ata o 2010, La Voz de Galicia recibiu máis de 2,9 millóns por compoñer e maquetar o DOG. O diario de Santiago Rey gañou o concurso co bipartito, en 2007, ao presentar a única oferta. Previamente fora El Correo Gallego quen se encargaba de imprimilo. Durante eses anos unha ducia de traballadores contratados 

Por outra banda, en 2010 –xa co goberno de Feijóo--, La Voz xa recibira 2,2 millóns de euros, a través de Galicia Editorial S.A. (GAESA) –entidade da que controlaba o 98% das accións--, para mercar unha nova rotativa. La Voz de Galicia S.A.  O IGAPE entregoulle ao grupo de Santiago Rey este diñeiro para “ampliar as súas instalacións e incorporar nova maquinaria de impresión, elementos de transporte interno e equipamentos informáticos”. Esta cantidade significou no seu día máis do 9,9% dos 22,15 millóns que custou esa rotativa e que, segundo Economía, eran investimentos subvencionables.

Máis recentemente foi El Correo Gallego o beneficiado pola Xunta. A Consellería de Cultura adxudicoulle o 12 de decembro de 2016 un contrato negociado sen publicidade co obxecto de “adquisición de fondos históricos procedentes da hemeroteca histórica da Editorial Compostela S.A.” por valor de 700.000 euros.

Tamén durante o bipartito a Consellería de Industria -que entón xestionaba o BNG- concedeu axudas a El Progreso e a Editorial Compostela (El Correo Gallego) para a súa modernización. Daquela a cantidade non superou os 12.000 euros.

“A que adicar 3 millóns de euros”

Curiosamente, La Voz de Galicia publicaba na súa edición deste martes un artigo de opinión, “¿A qué se pueden dedicar 3 millones del presupuesto público?”, no que critica o diñeiro que a Deputación de Ourense lle dá a La Región por mercar os seus fondos e que compara con outras inversións na provincia.

“El centro de salud de A Valenzá, en el demográficamente pujante concello de Barbadás, costó 3.600.000 euros. El de O Couto, en la capital ourensana, todavía pendiente de abrir sus puertas, supuso una inversión de 3.500.000. Veinte mil ourensanos acudirán a ellos para curarse de sus enfermedades. O al menos, de algunas de ellas.Los accesos al Complexo Hospitalario de Ourense, que usarán cada año miles de personas, están presupuestados en 1.300.000 euros.La reforma de la plaza de abastos, donde es probable que compre usted, costará 3.600.000 euros. La remodelación del mercado de uno de los principales barrios de la ciudad de As Burgas, el de A Ponte, costó 2.000.000.El monasterio de Melón, que es bien de interés cultural y pertenece al tesoro artístico nacional, se va a remodelar, cuando se remodele, con un total de 1.700.000 euros.En la rehabilitación de la rectoral de Santo André, en Ribadavia, se invirtieron 1.300.000 euros para hacer realidad, aunque todavía no lo es, el Museo do Viño de Galicia”, recolle.

O pasado ano, e segundo estimacións realizadas por GC, La Voz de Galicia recibiu máis de oito millóns de euros en axudas institucionais da Xunta de Galicia. Unhas axudas, aínda que en menor contía, que recibiron os grandes medios de comunicación de Galicia, entre eles, o propio grupo La Región.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

8 o que agocha a foto

Outra vez GaliciaConfidencial publica a mesma foto enigmática --> https://chuza.gal/t/fio-das-fotos-r...

7 Arturo

¿ E para que quere a Deputación de Ourense os fondos dun periódico? ¿ Qué uso lle vai dar a eso ? ¿ Para que sirve? Na época de internet, de bibliotecas e arquivos, eso non ten demasiado sentido. E moito menos en Ourense,onde, por exemplo, as empresas de transporte amenazan con deixar sen transporte por estrada a boa parte da provincia. Parece claramente un despilfarro.

6 PPERRO

Xornais mercenarios e políticos que os compran con diñeiro publico...o raposo a gardar a galiña.

5 Dalle que libras

De onde vai recibir ingresos o BNGuai ?

4 Sara

Pero que mala es la envidia....