Enerxía ‘made in Galicia’ para Vimianzo

A empresa galega E.nova Enerxía gaña a licitación do subministro eléctrico deste concello da Costa da Morte.

Por Galicia Confidencial | Vimianzo | 31/05/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A comercializadora galega E.nova Enerxía acaba de resultar adxudicataria da subministración de enerxía eléctrica aos edificios e instalacións municipais do concello de Vimianzo tras presentar a oferta económica máis vantaxosa das cinco presentadas.

Medición no contador da luz
Medición no contador da luz | Fonte: OCU

A empresa, con sede en Santiago de Compostela, xestionará este servizo durante o período dun ano por importe de 257.699 euros(ive incluído), o que supón un aforro económico de máis de 55.000 euros con respecto ao orzamento de licitación. 

Xunto coa subministración, E.nova Enerxía ofrecerá outros servizos ao concello como a facturación agrupada simplificada segundo a tipoloxía dos consumos, a optimización periódica das tarifas de acceso e potencia ou a monitorización dos consumos.

E.nova Enerxía orienta os seus servizos ás empresas e organizacións. “Caracterízase polo compromiso de transparencia, atención personalizada e o aforro económico, sendo a única comercializadora que garante o aforro por contrato ao 90% dos clientes despois de realizar un estudo de consumo gratuíto personalizado”, sinala a empresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta