Telmo Martín (PP) volverá á Alcaldía de Sanxenxo (Pontevedra) este mércores

O ata agora portavoz do PP en Sanxenxo (Pontevedra), Telmo Martín, volverá á Alcaldía da localidade este mércores, tras o pacto alcanzado coa formación independente Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL), cuxo líder, Gonzalo Pita, formalizou na pasada xornada a súa renuncia ao cargo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2017 | Actualizada ás 08:47 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O ata agora portavoz do PP en Sanxenxo (Pontevedra), Telmo Martín, volverá á Alcaldía da localidade este mércores, tras o pacto alcanzado coa formación independente Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL), cuxo líder, Gonzalo Pita, formalizou na pasada xornada a súa renuncia ao cargo.

Telmo Martín González, deputado por Pontevedra
Telmo Martín González, deputado por Pontevedra | Fonte: Europa Press

O alcalde en funcións na localidade, Daniel Fernández (SAL) convocou para este mércores ás 20,00 horas a sesión na que Martín recuperará un bastón de mando municipal que xa tivo entre os anos 1999 e 2006, antes de tentar, sen éxito, desbancar a Miguel Anxo Fernández Lores e ao BNG da Alcaldía de Pontevedra en dúas ocasións.

Nas eleccións municipais de 2015, regresara a Sanxenxo para substituír a Catalina González á fronte da candidatura do PP.

Como paso previo a que Martín recupere o bastón de mando municipal e, no medio das protestas de decenas de veciños, Pita formalizou este luns a súa renuncia á Alcaldía, dando con este paso por finalizado o goberno tripartito co que ata agora dirixían o Consistorio SAL, PSOE e BNG.

A ruptura anunciárona Martín e Pita o venres da semana pasada nunha rolda de prensa conxunta na que compareceron arroupados polos concelleiros de cada un dos seus partidos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta