A Xunta quere que os nenos de menos de tres anos tamén aprendan inglés

A Xunta promocionará a aprendizaxe de idiomas con 70 millóns de euros e quere que o 100% dos centros poidan ter ou un auxiliar de idiomas, ou unha sección ou centro bilingüe en 2020. “A aposta polo multilingüismo non foi ben entendida ao principio, pero para nós foi un deber para crear un futuro mellor”, di Feijóo.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 01/06/2017 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

Hai uns días, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informaba de que a Xunta investiría 240.000 euros no Instituto da Lingua Galega (ILGA) para realizar varios informes co obxectivo de coñecer estratexias para potenciar o galego entre os máis novos. Un diñeiro que é irrisorio se se compara cos 70 millóns que destinará para un novo plan multilingüe que ten coma obxectivo estender o coñecemento de linguas estranxeiras, preferentemente o inglés, a todos os centros escolares.

Feijóo no Consello
Feijóo no Consello

Edulingüe é a nova estratexia para a aprendizaxe de linguas estranxeiras que ten que estar operativa en 2020. E, entre os seus principais obxectivos, que o 50% dos centros educativos galegos sexan plurilingües, crear 600 novas seccións bilingües e duplicar o número de auxiliares, de 500 a un milleiro. “Do que se trata é de estender o plurilingüismo ao 100% dos centros escolares”, dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na presentación deste plan xunto co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

Deste xeito, ao rematar 2020, todos os centros educativos deberán contar cunha sección bilingüe, ser centros bilingües ou ter algún auxiliar de conversa estranxeiro. Por iso, a estratexia educativa da Xunta pasa por facer que os nenos de infantil, de 0 a 3 anos, tamén aprendan inglés. Para iso, unha terceira parte do seu tempo escolar deberán falar neste idioma. 

Títulos de idiomas

O mesmo pasará cos estudantes de Formación Profesional (FP), que deberán dar a terceira parte das materias nunha lingua estranxeira para tentar acabar o ciclo co título B1 ou B2 acadado. Tamén se aumentarán os centros con Bacharelato con excelencia en idiomas, para que, ademais de practicar una lingua estranxeira a terceira parte da súa educación, poidan ter de dúas a tres horas máis estracurriculares nese idioma. “O obxectivo é que poidan acadar o nivel B2 de inglés”, suliñou o conselleiro na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. 

Nenos nunha escola infantil
Nenos nunha escola infantil | Fonte: centros.edu.xunta.es

Ademais, o novo plan da Xunta recolle un plan específico para a formación do profesorado. Se ata o momento, despois de oito anos de goberno de Feijóo, se multiplicaron por dous os docentes que obtiveron o título B2 de inglés –segundo os datos da Xunta, o obxectivo da nova estratexia é que o 30% dos docentes galegos poidan acadar o título C1, que é un dos máis esixentes e con altísimas competencias lingüísticas nunha materia estranxeira. Despois dese só está o C2, que supón o coñecemento dunha lingua a nivel nativo. O obxectivo é chegar a 18.000 docentes. E como se vai facer iso?, “con motivación e incentivos aínda que sabemos que é difícil”, recoñecía Román Rodríguez.

“Edulingüe aposta pola aprendizaxe integral, o dominio dunha lingua estranxeira, apostar pola obtención de certificados oficias de linguas e ampliar a oferta de aprendizaxe a alumnos e docentes. E todo isto, por suposto, coa participación das familias e do profesorado no proceso”, indicou o conselleiro. Ademais se potenciarán os graos e master en inglés. E para acadar todo isto haberá “bonificacións” que axuden a aprender esa lingua estranxeira.

“Un futuro mellor”

“Desde o 2009 apostamos para que os estudantes tiveran mellor competencia en galego, castelán e tamén en inglés. Esa aposta non foi ben entendida ao principio, pero para nós foi un deber para crear un futuro mellor. E agora está dando os seus froitos”, dixo Feijóo referíndose a Lei do Plurilingüismo que tantas críticas suscitou na oposición.

“O que queremos é que os nenos poidan expresarse nas linguas que máis se falan no mundo; en inglés que unha das linguas máis faladas, en galego que os aproxima ao mundo lusófono e en castelán, que tamén é un deber constitucional”, salientou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

11 Jocoso Hidalgo

Pero si con el actual sistema ni teneis idea de español y menos de gallego!!!!! inglés también? y qué tal berebere?

1 Lerele

tes toda a razon meu!

10 Galiza ceibe

Debia ser galego (na ortografia internacional) e inglés, para sermos nós e cara o futuro. A trampa do espanhol e algo de inglés é trampa e roubo

9 undecompostela

con estas medidas seguro que en 30 anos o pib galego dobra o alemán, menuda banda

8 anonimo

Se queren que os nenos aprendan ingles, non dobren nin ó galego nin ó castelán os debuxos e as series que ven na televisión. Así é como polacos, checos e eslovacos falan moito máis inglés ca nos. Os acentos das auxiliares de conversa "ghelou" dan arrepíos.

1 teutonio

Nótase que sabes do que falas... os contidos infantís sempre se dobran, ademáis en Polonia teñen voz en off traducindo sobre as voces orixinais.

7 Pugnacio

Queridos amigos, temas como este sólo pueden tratarse en serio desde una base de partida: la Constitución española de 1978 que nos configura como una sola nación española que cuenta con un solo estado unitario y el vínculo de una lengua común, que todos los españoles deben conocer. Junto a esta, pueden cultivarse las lenguas regionales o minoritarias. Pero la natural acogida que debe darse a quienes cultivan con rectitud su propia lengua regional o minoritaria dentro del amplio marco que ofrece la Constitución, en ningún caso puede inducir a favorecer ideas con un claro cariz político, segregacionista y pugnaz. Tampoco para mantener el negocio del gallego y acallar a sus mantenidos con más subvenciones y puestos de trabajo artificiosos, que parece el fin que se persigue con esta novedad. Un cordial saludo.