A Xunta comparte impedir entrar en campos de fútbol con bandeiras políticas ou independentistas

Di que "poden ofender a outras persoas que pensen diferente" e, nun contexto de "axitación e tensión" polo partido, "a masa" pode ser "moi difícil de xestionar".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2017 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, sostivo este venres que comparte os criterios polos cales se impide a entrada en estadios de fútbol con "bandeiras políticas", como as independentistas, pois "non é o seu contexto".

O ambiente na festa do fútbol galego en Riazor.
O ambiente na festa do fútbol galego en Riazor. | Fonte: lfp.es

Desde o convencemento de que as únicas bandeiras que teñen cabida son as dos equipos en liza, a alto cargo da Xunta defendeu en comisión parlamentaria, a preguntas do BNG, que non debe levar "o político, a ideoloxía" aos eventos deportivos.

O motivo, segundo as súas palabras, é que "poden ofender a outras persoas que pensen diferente" e, nun contexto de "axitación e tensión" polo partido, "a masa" pode ser "moi difícil de xestionar".

Así é que as forzas da orde, como explicou, seguen "uns protocolos comúns" en todo o Estado e que pasan por confiscar "pancartas, bandeiras e símbolos" que poidan "incitar á violencia, ao terrorismo ou conter mensaxes intolerantes".

"SECTARISMO"

Esta "exhibición de sectarismo" considerouna "inasumible" o deputado nacionalista Luís Bará, tanto pola "perversa" asociación da simboloxía nacionalista coa violencia como pola "limitación da liberdade de expresión".

"Vostede sitúase fóra da lei e dos máis elementais dereitos democráticos", espetou o representante do Bloque no debate a Marta Míguez, non sen exhibir unha bandeira nacionalista e subliñar que é un símbolo "legal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

3 Buffito

Es un símbolo atroz, peor que la esvástica. El comunismo generó 100 millones de muertos en el siglo XX. El nazismo, 20. El comunismo junto con el nazismo constituyen el mal absoluto y me parece muy normal que no se permita enaltecer el mal dentro de un campo de fútbol. Tampoco se debía permitir fuera, y estuvimos muy cerca cuando cayó el muro de Berín, pero como el comunismo iba a menos se pensó que total para qué. No se contó con la educación deleznable que recibe la "generación mejor preparada" y que les hace creer que las gallinas van a tener dientes o cualquier otra milonga que les cuelen. Y tragan con cualquier cosa.

1 anonimo

Cantas mortes se produciron enarbolando unha bandeira española? Cantas enarbolando a bandeira galega cunha estrela?

2 Eu dixen

Supoño que tampouco se podrá levar o aguilucho

3 Españoleiros non

E os millóns de indíxenas exterminados para maior gloria de España? Debería prohibir se entón usar a palabra España? A algún españoleiro vaille botar fume a cabeza...

4 nostrus

Españoleiros non. Probablemente ti non saibas que o maior exterminio indixena de America foi antes da chegada dos españoles. Nos lugares onde abarcaba o imperio azteca a situacion era peor que no nazismo e mesmo se facian sacrificios humanos para ofrecerllos aos deuses. Os incas e os mayas non era moito mellores e despois da independencia os paises iberoamericanos tiveron un monton de guerras entre eles. Probablemente durante o colonialismo español fose cando houbo menos mortes, pero eso ti non o sabias porque o teu pasatempo non é a ilustracion sinon a calumnia e a difamacion. Por ceerto, a palabra España quenes a manchan son os corruptos e pederastas e tamen os indepes e separratas

5 Españoleiros non

Xa tardaba en saír o argumento propio de fascistas: menos mal que colonizamos a eses seres atrasados e os civilizados! En fin, o fascismo segue roldando... O cancro de España non se extirpou e xa se estendeu demasiado...

2 Eu non cambio

Polo visto hai que pensar en privado. Exhibir pensamento diverxente é unha ofensa intolerable. Venha, coma Aznar co catalán, cada quen a pensar á súa casinha.

1 me cago en expaña

O sexa ca bandeira galega e como a dos nazis ss (según o amigo de drojeiros don frijoles) ESTADES BUSCANDO UN CONFLICTO TRAS OUTROS CANS PEPEIROS, LIMAÑAS INMUNDAS!

1 nostrus

mellor cágate na tua p*ta nai.

2 papuxa

Xa o esta facendo, prezado troll do metílico

3 jejejeje

nostrus, fód ete pai aso acomplexado e ignorante! jajajajaj