Temas: ENCE PONTEAREAS

Canto contamina realmente ENCE?

ENCE só declarou 13 de 46 contaminantes en 2015. Que pasa para que haxa medicións tan distintas?. Un informe do experto en contaminación ambiental Ramón Varela detectou grandes disparidades nos datos da empresa que foron validados pola Xunta.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 05/06/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

As cantidades de contaminantes declarados por ENCE son distintas e non se corresponden unhas coas outras. Así o comprobou Ramón Varela Díaz, experto en contaminación ambiental e ex-presidente de ADEGA, nun estudo propio que fixo sobre as emisións contaminantes da papeleira en 2015.

Este investigador quixo cuantificar o impacto ambiental ambiental da fatoría de ENCE en Pontevedra, coñecendo cales son os consumos de recursos do complexo, que cantidades contaminantes emite á atmosfera e á auga así como cantos residuos xera anualmente. Para iso, acudíu tanto ás fontes oficiais (rexistro estatal PRTR) como á documentación publicada pola propia empresa na súa web.

E os resultados de 2016 son diferentes, segundo se consulte o rexistro PRTR (Rexistro estatal de emisións e fontes contaminantes), a Declaración Ambiental ou o informe anual de Responsabilidade Social Corporativa 2016 (datos de 2015). Ademais, a fonte dos datos dos tres informes é a propia empresa e estes foron validados pola Xunta no caso do PRTR e certificados por AENOR para a Declaración Ambiental.

Cales son os datos verdadeiros?

"Que datos son verdadeiros, se é que hai algún? Como é posíbel que a administración dea por boas valores de emisións declarados no rexistro estatal, que para un mesmo ano entran en contradicción cos ofrecidos pola empresa na súa Declaración Ambiental (certificada por AENOR) e na súa memoria anual de Responsabilidade Social?", pregúntase Varela.

Segundo as Guías do Rexistro de Emisións Contaminantes PRTR, as industrias de fabricación de pasta de papel como ENCE emiten 25 contaminantes á atmosfera e 21 contaminantes á auga, en total 46. En 2015 ENCE só declara 3 contaminantes á atmosfera e 9 contaminantes á auga (12 en total). En anos pasados delaraba tamén CO, CO2, compostos orgánicos haloxenados. Con todo, en 2015 aparecen sen datos.

O autor do estudo descoñece se a razón é porque non acadan o limiar mínimo para que sexa obrigatorio declaralos ou si intencionadamente ou por desinterese non os puxeron. Hai que ter en conta que para o CO2 son 100.000 toneladas e nese ano emitíu 92.654 t como recolle a Declaración Ambiental. O mesmo acontece cos residuos perigosos e os asimilados a urbanos que tampouco aparecen declarados no 2015.

Outras diferencias

Con relación ao mercurio, no ano 2015 ENCE declara o vertido de 1,6 kg. Nos últimos dez anos o vertido de mercurio a auga foi de 27,49 kg. Tamén, e ao contrario que a maioría das empresas, ENCE no PRTR de 2015 non declara a información (opcional) relativa á cuantificación da produción, aos consumos de electricidade, auga, combustíbeis e ao número de traballadores.

Imaxe da papeira de Ence na Ría de Pontevedra
Imaxe da papeira de Ence na Ría de Pontevedra | Fonte: ndignatepontevedra.wordpress.com

Tampouco coinciden as emisións de contaminantes. Para a DQO (Demanda Química de Osíxeno) ENCE declara emitir 1.793.445,7 kg/ano no Informe de RSC mentres que na Declaración Ambiental figura que verte 1.930.743 kg ano, case un 8% máis. Para o Nitróxeno total, no informe de RSC di que verte 128.716 kg e na Declaración Ambiental 94.392 kg, desta volta unha diferenza nada me¡memos que do 27%.E para aos Óxidos de Nitróxeno, o informe RSC recolle a emisión de 1.274.290,4 kg/ano, bastante distinto (30% de diferenza) dos 897.000 kg/ano que declarou no PRTR.

Deste xeito, e segundo este informe, en 2015 de 46 contaminantes ENCE só declara 13. "Que aconteceu co arsénico, cromo, compostos haloxenados ou monóxido de carbono que sí aparecían en anos anteriores? Comprobou realmente a Xunta as razóns polas que estes perigosos contaminantes non figuran no rexistro estatal ou fixo a vista gorda?", conclúe.

Instalacións de ENCE na beira da Ría de Pontevedra, en Lourizán
Instalacións de ENCE na beira da Ría de Pontevedra, en Lourizán | Fonte: ence.es
Temas: ENCE PONTEAREAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 urco

Ence contamina a auga, o ar, destrue postos de trabalhos baseados numha economia sostivel dumha ria limpa, condiciona o politica forestal de todo o pais cos eucaliptos que ano tras ano favorecem os incendios , hipoteca durante 60 anos mais a ria com a conivencia dos que foram altos carregos do PP hoje sentados no conselho de administraçom desta pasteira. E havera ainda quem cuspa pra riba pra defender esta desfeita!

1 Vitolo

E canto, durante 40 anos, leva contaminando Endesa As Pontes, a quen tanto defende a CIG-UPG?

1 Bigotolo

Pois desde que xa non usa só carbon contamina menos. Non vai ser grazas ao teu ordenador a pedales