“Ignacio no sobrevivió al momento del atentado”

A irmá do galego desaparecido tras os atentados de Londres confirma que é unha das oito vítimas. Estaba desaparecido desde o pasado sábado sen que as autoridades británicas dixeran nada sobre o seu paradeiro.

Por Galicia Confidencial | Londres | 07/06/2017 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

"Ignacio no sobrevivió al momento del atentado. Gracias a todos los que le quisisteis y cuidasteis. Sabemos que no somos los únicos tristes. Queremos ver y estar con el cuerpo de Ignacio. Parece que hasta el viernes como pronto no podemos estar con su cuerpo. Querríamos que el Gobierno Británico nos permita estar con él... Gracias al personal administrativo y político español por su ayuda en hacer esto posible". Con esta mensaxe confirmaba unha das súas irmás a morte de Ignacio Echeverría, o galego que permanecía desaparecido desde o pasado sábado en Londres.

Ignacio Echeverría, galego asasinado nos atentados de Londres
Ignacio Echeverría, galego asasinado nos atentados de Londres

Tras catro días sen ter ningunha noticia del, e dun mutismo absoluto por parte do Goberno británico, este mércores distintos medios de comunicación da illa comezaron xa a divulgar fotos dos falecidos. Isto precipitou a confirmación do falecemento do que xa se coñece como "heróe do monopatín".

De feito, o ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, Alfonso Dastis, expresara este mércores "certa perplexidade" polo feito de que "máis de tres días despois" do atentado de Londres "non puidese confirmarse cal é a situación" de Echeverría.

Tentou defender unha muller

Ignacio Echeverría, de 39 anos, estaba desaparecido desde o sábado pola noite. Os seus familiares relataron que volvía de patinar cuns amigos e, ao ver como un home apuñalaba a unha muller, tratou de defendela e encerellouse co terrorista, e a última vez que lle viron estaba tendido na beirarrúa.

Ignacio Echeverría
Ignacio Echeverría

O domingo pola noite as autoridades británicas pediron ao Ministerio do Interior español os seus impresións dixitais, pero aínda non comunicaron nada á familia, senón que este martes pola tarde pedíronlles 24 ou 48 horas máis de prazo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Galegus

Un valiente. Descanse en Paz

1 O YIHISMO E O GOBERNO!

Namentras os galegos somos asesinados polas ruas, o PARTIDO PUTREFACTO E LADRON manda un milleiro de soldados con avions e barcos as costas litunas, en plan "división azul" para protexer este país do que non lle debemos nada de nada de Rusia, un estado con quen e o di a loxica é mellor non meterse! asi actua o gobernó de al-andalus para o cal os galegos asesinados polo yihismo do I$i$ non somos nada, asi actúan os amigos da rabia saudista, os que pretenden instaurar o califato e revivir o al-andalus... señores o EMIR SECRETO DO I$i$ será desvelado... e non será de montanas lonxanas, non señores non ... pronto sabremos que o I$i$ nos esta gobernando desde a Moncloa! GALIZA CRISTIANA NUNCA YIHADANA! - ocultaron atentados de trens de Madrid decían de eta Basca e resultou non ser etcheberria sinon ali-mohamed o tunecino...