Temas: TOURADA

Abolicionistas piden que se prohíban as touradas tras a morte do toureiro de orixe galega Iván Fandiño

Galicia, Mellor Sen Touradas chama á reflexión da Xunta de Galicia para prohibir esta práctica e pregúntase pola imaxe desa collida no imaxinario colectivo dos menores presentes na praza.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/06/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas advertiu da necesaria reflexión que debe realizar o Goberno galego ao respecto da pervivencia dunha “actividade cruenta” como a tauromaquia no territorio galego, logo da morte do toureiro de orixe galega, Iván Fandiño, nunha praza de Francia.

Corrida de touros
Corrida de touros

Os abolicionistas lembran que o executivo mantén en suspenso unha iniciativa para prohibir o acceso de persoas menores de 12 anos aos eventos tauromáquicos dende 2011, e defende a continuidade desta proposta logo das imaxes da collida do "matador" no coso de Aire Sur L'Adour. Así, lembras que 2os rapaces e rapazas tamén están expostos a estes contidos a través do televisor, coa programación de Televisión Española defendendo as touradas”.

Así, a coalición ten previsto solicitar do Parlamento de Galicia a aprobación dunha iniciativa para instar ao goberno central e á Corporación de RTVE a desconexión territorial se a canle pública emite contidos relacionados coa tauromaquia ou ensalzando estes actos de malos tratos aos animais. Lembra que existe un magacine semanal e cada vez máis novas insertadas nos informativos que tratan de xerar unha imaxe positiva da tortura dun animal.

Neste senso Galicia, Mellor Sen Touradas considera “pouco afortunadas” as declaracións que dende os concellos de Abegondo e Oza-Cesuras se realizan ao respecto desta última morte dun toureiro, e contrapón a suposta heroicidade dunha persoa que participa libremente dunha actividade de risco e amplamente rexeitada pola cidadanía, fronte á labor de auténtico recoñecemento público e social que están a realizar os servizos de emerxencia no centro de Portugal, no triste coñecido lume de Pedrógão Grande, onde están a cooperar militares de orixe galega.

“As touradas deben ser abolidas precisamente para rematar coa violencia e o sufrimento que xeran, ademáis da imaxe que destas se traslada ao exterior, onde a tauromaquia está proscrita en grande parte do planeta”, sinalan os abolicionistas.

Temas: TOURADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

8 Galiciataurina

7 Arturo

Home, pero é a deducción está mal feita. Non ten que ver una cousa ca outra. Repetimos, os toros nada teñen quer ver con Galicia. Eiquí ninguén fala de toros, a xente pasa total e absolutamente do tema, e impórtalle un bledo " El niño de la Capea" ou quen sexa. E, please ,hai libros de lóxica e xente con menos fobia antigalega e algo ( so algo) mais de nivel cultural.

6 Arturo

As corridas son algo alleo a Galicia. Eiquí nen nunca houbo, nen hai aficción a esas cousas, nen a ninguén lle importan nada. Pero en moitos comentarios acumúlanse moitas toneladas de carraxe e de mal café que meten medo. Menos odio, por favor.

1 Bolseiro

La plaza de toros de Pontevedra lleva más de un siglo abierta.Bastante más tiempo en activo que los escritos de un pobre cacique, mal médico por confesión propia, xenófobo y racista como Castelao. Por tanto, si los toros son ajenos a Galicia, Castelao también. Por otro lado, si no importan nada a nadie aquí, ¿para qué crear una plataforma en Galicia contra los toros?

2 Reintegro_bilingüe

Non leva dous séculos seguramente porque non había españois abondo para enchela. Os españois empezaron a vir en masa cando Galiza se liberou de Napoleón antes que eles...Dito por un exiliado de Fernando VII. As touradas, como che dixeron bolseiro, son alleas a Galiza. No que toca á xenofobia e racismo así recibían ós galegos en España: "no salen tantas flores en diez mayos como de Galicia mozos y lacayos", "ni perro negro ni mozo gallego", "Camino en que quepan dos, verdad, limpieza y justicia, no la hallareis en Galicia". Castelao foi un santo, comparado con vos, españolistas. ¿Por qué non ides ler un pouco, Galebífidos?

3 Anti-nazis

Los únicos racistas antigallegos que hubo en España fueron los nacionalistas vascos, a los que los nacionalistas gallegos fuistes a lamerles el c...montones de veces. Lee talibán, lee: "Los malos bizkainos... han degenerado hasta el punto de parecer gallegos" (Sabino Arana en el artículo Ellos y nosotros, en Bizkaitarra, nº 25, de 24-IV-1895).

4 Reintegro_bilingüe

Leí hace ya tiempo, nazibobónico, las paridas de vuestros periodistas pagados por FAES...creo que son del diario " inmundo" y el " parchís". Tienen unos blogs calcaditos al de Gloria (así de fáciles sois), dedicados a divulgar cualquier cosa contra los nacionalismos. El problema es que todos los desprecios hacia los gallegos que te acabo de poner vienen de siglos antes que naciera Sabino: Son vuestros y esos si, son únicos. Aparte de que sois un fracaso como país, unos atrasados, anticuados y bobalicones que no conoceis vuestra propia historia por haberla censurado... aparte de eso, todavía andáis con tonterías sobre los gallegos hoy en día, con aquellas famosas frases sobre la belleza "gallega" de Rosalía. Los nazis sois los que hicisteis esto, que hace que me deis asco: http://www.latinamericanstudies.org...

5 urco

Os chauvinistas espanhois som-che o demo. Som quem de defender a tortura dum animal como espectaculo, nem sequer porque gostem , mas porque como um pacochet qualquer, vem-no como simbolo espanholista em terra galega. Muito gostam do sangue como argumento estes fascistas.

1 bebé_abondo

E que é un problema non poder englobar Galiza na definición de "typical spanish" cara ós turistas. Poden pensar que Galiza non é España. Para iso son os 800.000 euros que gastaban en Coruña nas touradas, para que o turista non se confunda cando sae do barco.

4 Berros galegos

Estamos a esperar que os animalistas galegos vaian protestar a Allariz, ese feudo do BNG onde cada ano se tortura a un pobre boi para xúbilo da manda de Galiza Nova

1 Podemos y Olé

Ou sexa que para ti é o mesmo sacar un animal de paseo que cravarlle coitelos e lanzas ata matalo. Pois si que estamos ben mareante.