Temas: OKUPA

Os okupas responden ás detencións: "Non nos van calar"

Varias cidades acollen manifestacións de apoio aos detidos polas mobilizacións a prol do Centro Social Escárnio e Maldizer.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2017 | Actualizada ás 23:19

Comparte esta noticia

Máis de 200 persoas concentráronse a partir das 20,30 horas na Praza de Cervantes de Santiago en contra do nove detencións producidas este martes en Galicia de participantes na primeira manifestación contra o desaloxo dun local okupado en Compostela.

Manifestación en Santiago de apoio aos detidos polas mobilizacións dos okupas
Manifestación en Santiago de apoio aos detidos polas mobilizacións dos okupas | Fonte: Xeira Twitter

A de Santiago foi unha das concentracións convocadas polos pro-okupas. Tamén houbo convocatorias similares na Corula, Vigo, Lugo, Ourense, A Guarda e Ferrol.

COMUNICADO DENDE O CENTRO SOCIAL 

O Centro Social Ocupado denunciou  a través da súa web que "estas novas açons represivas fam parte dumha campanha de medo e de criminalizaçom dos movimentos sociais e da nossa solidariedade". Na súa opinión, o Estado busca inmobilizar á resposta sociedade para poder impor o seu criterio. 

Dende o CSO Escarnio e Maldizer advirten que "nom imos calar." Así, prometen multiplicar a solidariedade na medida que aumente a represión sobre os que apoian aos okupas. O grupo volveu a cargar tamén contra os medios de comunicación, aos que define de "falsimedios" e solicitou que manteña o anonimato dos detidos.

MANIFESTACIÓN DE SANTIAGO

A manifestación de Santiago comezou en Cervantes c etranscorreu por rúas do centro histórico como Preguntoiro e Orfas, ata a Praza de Galicia, onde proseguiu en dirección Virxe da Cerca.

Durante a manifestación, escoitáronse consignas como '10,100,1.000 centros sociais', 'Un desaloxo, outra okupación', 'Se tocan a unha, tócannos a todas'.

A marcha avanza tras un cartel no que se pode ler 'Bloco a bloco, desfam-se os muros. Liberdade ás detidas'.

Precisamente, na tarde deste martes, quedaron en liberdade tras pasar a disposición xudicial as nove persoas detidas en relación aos feitos ocorridos na primeira protesta polo desaloxo e tapiado do local okupado polo colectivo 'Escárnio e Maldizer' en Santiago de Compostela.

Temas: OKUPA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta