Alertan que hai alumnos forzados a cursar Relixión se tamén queren estudar Tecnoloxía e Robótica

Cando Galicia Confidencial se fixo eco da queixa dos pais deste instituto de Ames de que “se queres aprender estatística, tes que cursar relixión”, chegaron a esta redacción varias denuncias no mesmo sentido. Pais e profesores anoxados porque din que os itinerarios de Bacharelato obrigan aos alumnos que opten por determinada combinación de materias a cursar Relixión Católica.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 22/06/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Se cadra a queixa máis importante é a remitida por Eva María Brañas, profesora do Departamento de Tecnoloxía do IES Campo de San Alberto Noia. A mestra denuncia que os alumnos de primeiro de Bacharelato que querían cursar Tecnoloxía Industrial (3 horas) e Robótica (2 horas) non lles quedou outra que completar as 6 horas obrigatorias coa única materia de 1 hora posible, Relixión Católica. 

Docentes formándose en Robótica no CAFI, o centro de formación para o profesorado da Xunta
Docentes formándose en Robótica no CAFI, o centro de formación para o profesorado da Xunta | Fonte: edu.xunta.gal

UN PROBLEMA QUE NON É SÓ DUN CENTRO 

Esta denuncia é a máis grave porque, segundo a citada docente, non é un problema particular dese centro, como podía ser o caso de Ames. Polo contario, Brañas asegura, enarborando as normas legais, que isto afecta a todos os ensinos de secundaria de Galicia. 

De feito, explica que contactou con outros 60 profesores doutros institutos dispostos a dar Robótica e que todos lle confirmaron o mesmo. É dicir, que só había dúas opcións: que os rapaces que escolleran Tecnoloxía e máis Robótica apandaran, quixeran ou non, con Relixión; ou desistir e non incluír a opcional de libre configuracioń autonómica Robótica entre as materias ofertadas.

Brañas explica que ela finalmente optou por esta última opción, non ofertar Robótica, malia levar varios anos preparándose e ser unha das materias nas que a Xunta está a facer máis énfase.

RESPOSTA DA XUNTA

GC preguntou por este dilema á Consellería de Educación. A Xunta insiste en que ningún alumno está obrigado a cursar Relixión en caso algún, aínda que admite que, en función das materias que ofreza cada centro, o dilema descrito por Brañas podería chegar a darse en teoría. Voceiros oficiais din tamén que polo de agora non teñen ningunha queixa oficial sobre esta cuestión.

A Administración Autonómica alega ademais que é a normativa Estatal -a polémica LOMCE- a que establece que Relixión sexa unha das materias “específicas de opción” e que teña un peso mínimo dunha hora.  A Xunta di que, malia poder telo feito como di fixeron outras autonomías, non ampliou o horario de Relixión a varias horas á semana.

O núcleo do problema está en que a LOMCE obriga a encher 6 horas de optativas. Nesas 6 horas, os alumnos deben cursar polo menos dúas  materias da categoría “específicas”.  A LOMCE sitúa a Relixión como única materia “específica” de 1 hora.

Se un alumno escolle unha materia “específica”  de 3 horas -como Tecnoloxía- e quere complementala cunha de libre configuración autonómica opcional, pero que cadra nos seus intereses, de 2 horas -como Robótica-, terá que escoller outra “específica” de 1 hora … e polo que parece ante as queixas recibidas nesta redacción nalgúns institutos a única materia “específica” de 1 hora dispoñible é Relixión Católica.

A Xunta responde a esta cuestión argumentando que dentro da autonomía dos centros está, por exemplo, “aumentar nunha hora outra materia mediante un reforzo”, co que tamén habería outra maneira de sumar 6 horas sen recorrer a Relixión.  Tamén di que os alumnos deben xogar coas múltiples opcións dispoñíbeis para configurar o seu curriculum, e que poden facelo perfectamente sen cursar Relixión se non queren.

“Hai moitos centros que ofrecen unha hora de reforzo de matemáticas ou de inglés”, hora a maiores que sería válida para as citadas 6 horas obrigatorias, argumentan a Xunta antes de insistir que o sistema de itinerarios “non está deseñeado para a obrigatoriedade de relixión, todo o contrario”.

En todo caso, se algún alumno considera que estase limitando a súa liberdade de cursar relixión ou non, Educación  recomenda que o poña en coñecemento formal da inspección educativa. A  docente citada nesta información alega que falou co seu Inspector para describirlle o problema. 

A LOMCE, RAÍZ DO PROBLEMA

Cómpre lembra que segundo a LOMCE a Relixión conta para facer a media das notas. Esta media é un dos condicionantes para a elección posterior de carreira universitaria. Con todo, no Congreso estase a negociar unha nova Lei Educativa e está por ver se a Relixión mantén os seus actual status nas aulas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 Margarita

Que vergüenza, que solo la rama tecnológica solo pueda ser estudiada por los católicos

7 Eva Brañas

Quería aclarar un par de puntos do artigo. 1ºIso pasa en 1° de Bacharelato,non en 2°( o de tecnoloxía+robótica=relixión).En 2º se da o caso con outras materias. 2ºA opción que din na xunta de poñer o reforzo dunha hora,non serve porque ese reforzo non é específica e os rapaces non titularían. Podería servir só se renuncian á robótica e collen outra materia específica de 2h. 3ºNon se trata de ir en contra ou a favor de relixión católica,se trata de poder escoller. Triste comprobar unha vez máis,que os responsables de educaciónnon coñecen a lei que nos obrigan a aplicar nos centros.

6 Doutor Ju

Aumentase robótica a 3 horas e solucionado.

1 BuckRogers

Non se soluciona, porque robótica non é unha materia específica, é opcional autonómica, e nesas seis horas debes cursar polo menos dúas específicas, non che vale cunha específica e unha opcional autonómica.

2 Eva Brañas

Xa o intentei,eu e todos os profesores de tecnoloxía deste país...non serve ,deben coller duas materias específicas,robótica non o é e non titularían

5 Nexus 6

Los diarios como GC, algunas ANPAS de mamás y papás tan progres y tan nazionalistas ellas y ellos y algunos profes del mismo o parecido pelaje, te están muy preocupados ellos porque unos pocos niños tienen clase de religión una hora a la semana, o porque sus niños,( pobriños ellos), se estresan con las reválidas, o porque las matemáticas no pueden ser en jallejo, o porque otros profes (malos ellos) castigan a sus hijos sin recreo y eso no se puede hacer porque vai contra os dereitos do neno e bla, bla, bla…Pues bien, a estos mismos diarios, anpas o profes no les escuché protestar porque se pueda pasar de curso con varias asignaturas pendientes, o porque los niños no tengan p… idea de inglés (mejor el jallejo claro). Así nos va.

1 furaboleiro

a pastar, gilipo-llas, que tú si que eres un burro ignorante

2 Cuco47

Eso, eso, tú aprende inglés y emigra pronto que los tontos cuanto más lejos de Galiza mejor.

4 Gamela

e mentres a Relixión Católica conta cunha hora semanal a súas notas valen o mesmiño que as de materias con 4 horas coma Física, Química, Historia da Arte, Economía da Empresa, etc. Así calquera alumno que teña un 10 en primeiro curso e un 10 en segundo curso poderá mellorar ostensiblemente o seu expediente de cara ás probas de acceso á universidade (ABAU) / e de todo isto o único responsable vive en París a corpo de rei coma embaixador de España ante a OCDE !!! http://gamela00.blogspot.com.es/201...

1 Gamela

pero o que tampouco dí a Consellería de Educación é que a solución de cursar unha materia de REFORZO dunha hora (para evitar cursar Relixión Católica) é unha TRAMPA! Os Reforzos NON son avaliables e polo tanto o rapaz ten unha calificación menos no seu expediente (mentras os 10 colleitados en Relixión Católica sí puntúan de cara á proba de acceso á universidade!) // Toda unha RATEIRA ben montada polos esbirros do Opus Dei que Deus Confunda! // E agora piden tamén a DEVOLUCIÓN das "becas" aos estudantes con carácter RETROACTIVO !!! http://www.bez.es/766790667/becas-g...