Unha quenlla peregrina no porto de Malpica

Na media noite do luns ao martes 27 de xuño, os pescadores de luras do peirao de Malpica puideron ver este exemplar de quenlla peregrina. O xornal Que pasa na Costa publica o vídeo.

Por Galicia Confidencial | Malpica | 27/06/2017 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

Se ben non é raro ver quenllas cada verán na nosa costa (por exemplo, pola zona de Fisterra), xa non é tan habitual que estes animais se acheguen aos nosos portos. Así o explica Alfredo López, un dos membros da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (Cemma), que recoñece este exemplar visto no peirao de Malpica esta pasada noite prosiblemente como un momo, a chamada quenlla peregrina.

Quenlla peregrina no peirao de Malpica
Quenlla peregrina no peirao de Malpica | Fonte: QPC.

Trátase dun exemplar duns 3-4 metros de lonxitude, pero Alfredo López insiste en que non é perigoso. “É un animal filtrador, planctónico e inofensivo, que está catalogado como a segunda especie de peixe meirande do mundo, despois da quenlla balea”. Di isto para que a niguén se lle ocorra tocalo ou mancalo.

Información do xornal colaborador Que pasa na Costa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta