Temas: VIOLACIóN

Inocente de violación tras pasar 4 meses no cárcere

A imposibilidade que tres persoas adoptaran as posturas descritas pola presuntamente violada nunha tenda de campaña é un dos argumentos que usa a Xustiza para absolver ao acusado. O suceso tivo lugar nas lindes do Camiño de Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2017 | Actualizada ás 07:48

Comparte esta noticia

Un home acusado de violar en 2012 a unha muller nunha zona boscosa en Ponte Sarela, en Santiago, foi absolto pola Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña.

Xulgados De Santiago, En Fontiñas
Xulgados De Santiago, En Fontiñas

No fallo, con data do 23 de xuño, a Audiencia da Coruña establece que "non foi probado" que o acusado "realizase ou tentase realizar acto algún de acceso carnal". O home estivo en prisión provisional entre o 16 de xullo e o 16 de novembro de 2012. Contra esta sentenza cabe recurso de casación no Tribunal Supremo.

Así, a Audiencia establece que o home estivo en compañía da muller que levaba varios meses instalada nunha tenda de campaña nunha zona boscosa próxima ao Camiño de Santiago, así como doutro home co que a muller mantiña unha relación sentimental.

FALTA UN ACUSADO

A Audiencia Provincial da Coruña acolleu a comezos de xuño o xuízo contra estes dous homes --uno deles en estado de rebeldía-- para quen a Fiscalía solicitaba penas que suman máis de 28 anos de prisión.

Así, o tribunal só puido xulgar a un dos acusados, agora absolto, que se enfrontaba a unha pena de 13 anos e nove meses de cárcere por uns feitos ocorridos nunha zona próxima á vía xacobea cara a Fisterra.

De tal forma, a Sala sinala que, tras beber o tres unha copiosa cantidade de viño, produciuse un incidente entre o home agora absolto e a muller "cando este accedeu á tenda daquela debido a un malentendido entre ambos", "ao crer o home que ela lle convidou a manter relacións sexuais", tras o cal o home "abandonou o lugar".

DÚBIDAS SOBRE A CREDIBILIDADE DO RELATO DA MULLER

Nos fundamentos xurídicos, a Audiencia indica que "do relato dos feitos declarados probados non se desprende a presenza de elementos de convicción suficiente" para "definir a condición de autor dun delito agresión sexual".

A sentenza baséase en "contradicións" da demandante acerca de cuestións "substanciais" e "detalles básicos" como a "descrición de cando chegaron os homes", "o tempo en que todos permaneceron xuntos e o que fixeron", así como a "descrición da forma na que se realizou o acceso carnal", entre outras, que "lastra a credibilidade" da muller.

A isto únese a "ausencia" de sinais no corpo da muller das agresións referidas como suxeición de nocellos ou pelexa, unido a "a imposibilidade física de que nunha tenda de dúas prazas tres persoas adoptasen as posicións que dixo". Por todo iso, a Audiencia afirma que existe "unha dúbida razoable sobre a autoría do acusado".

"NIN A TOQUEI"

Ante o tribunal, o acusado asegurara que a mesma noite dos feitos coñeceu á muller, quen mantería unha relación sentimental co outro procesado. O tres estiveron a beber pero, aínda que recoñece que lle propuxo manter relacións, nega abusar sexualmente dela. Con todo, si recoñeceu ter un "forcexo" motivado pola negativa da muller a durmir con el.

"Non tiven ningunha relación, nin a toquei, nin lle rompín o pantalón", dixo o procesado, que indicou que o outro acusado foi quen mantivo relacións sexuais coa muller. "Cando volvín á tenda estaban espidos e facendo o acto", asegurou.

Temas: VIOLACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta