A Confederación de Anpas denuncia que hai alumnos forzados a cursar Relixión

A Confederación de Anpas Galegas denunciou esta fin de semana que hai itinerarios de Bacharelato que na práctica non deixan outra opción aos alumnos que cursar Relixión Católica. GC leva meses alertando precisamente desta cuestión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Primeiro, denunciando que nun instituto de Ames os mozos os alumnos que quixeran estatística só tiñan como opción Relixión para completar as horas mínimas. Posteriormente, alertando dunha problemática a nivel galego: os alumnos que queiran facer tecnoloxía industrial e robótica tamén se ven forzados, queiran ou non, a cursar Relixión.

Clases de Relixión
Clases de Relixión | Fonte: lapizarradeyuri.blogspot.com

A Confederación Galega de Ampas denunciou a “oculta pretensión” da Xunta de converter o ensino público en confensional. Este colectivo denuncia que unha “anomalía do sistema” está a producir unha vulneración da liberdade relixiosa.

A orixe do problema son as materias específicas, das que hai que coller dúas. Delas, só Relixión ten asignada unha hora semanal. Cando os alumnos escollen materias por valor de 5 horas, non lles queda outra que completar 6 obrigatorias con Relixión por non haber outra opción no seu centro. 

Para o presidente da Confederación de ANPAS, Fernando Lacazi,  “a parte de ser unha anomalía. nós consideramos que é unha vulneración da Constitución, ao dereito a non cursar nunca esa materia”

De quen é a responsabilidade de que se estea a producir isto? “Hai algúns centros que están metendo a relixión como unha opción necesaria” asegura Lacazi en declaracións a Radio Galicia, apuntando tamén á responsabilidade dos institutos, que teñen certa autonomía para seleccionar que materias imparten, aínda que Relixión Católica é obrigatoria no menú.

Ou Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez
Ou Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez

No seu día, GC preguntou por este dilema á Consellería de Educación. A Xunta insistiu en que ningún alumno está obrigado a cursar Relixión en caso algún, aínda que admite que, en función das materias que ofreza cada centro, o dilema.

A Administración Autonómica alega ademais que é a normativa Estatal -a polémica LOMCE- a que establece que Relixión sexa unha das materias na categoría de “específicas” e que teña un peso mínimo dunha hora.  A Xunta di que, malia poder telo feito como di fixeron outras autonomías, non ampliou o horario de Relixión a varias horas á semana.

En todo caso, se algún alumno considera que estase limitando a súa liberdade de cursar relixión ou non, Educación  recomenda que o poña en coñecemento formal da inspección educativa. 

Esquerda Unida foi o primeiro partido en facerse eco da polémica.  “A Xunta forza aos nosos fillos e fillas para que escollan a materia de Relixión para acceder a determinadas opcións de bacharelato”, critica este partido.

De acordo á Lomce, a nota de Relixión computa para o expediente académico. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Están disparando coa pólvora do Rei ! Esta situación vén dada pola perversión que Wert & Gomendio perpetraron vía LOMCE (e ata o de agora ninguén pediu o seu CESE fulminante coma Embaixador de España ante a OCDE) ! De seguir disparando contra a "obrigatoriedade" da relixión a solución será IMPOR outra materia dunha hora semanal alternativa (e xa sabemos cal será, Valores Ëticos ou Historia das Relixións) e lonxe de solucionar o problema o MULTIPLICAREMOS !!! // Ningún partido político foi capaz de retirar a Relixión Católica dos Centros! É máis, moitos papanatas de esqueda andan á procura de introducir outras relixións coma a Evanxélica, a Musulmana ou a Xudea e pensan que así son máis GUAYS !!! O laicismo está moi lonxe de ser unha realidade neste país de CATETOS !!! http://gamela00.blogspot.com.es/201...