Temas: TOURADA

Asociacións animalistas piden elevar a 16 anos a idade mínima de acceso ás corridas de touros

As plataformas alegan "seguir as recomendacións" do Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2017 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A asociación animalista 'Galicia, Mellor Sen Touradas' propuxo elevar a idade mínima de acceso ás corridas de touros aos 16 anos, unha iniciativa secundada pola Fundación Franz Weber. As plataformas alegan "seguir as recomendacións" do Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas.

Corrida de touros
Corrida de touros | Fonte: Europa Press

A exposición pública do anteproxecto de Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia finaliza este luns. As asociacións animalistas expoñen outros cambios normativos como que sexan os concellos os que autoricen ou non os eventos taurinos, "por resultar a institución máis próxima á cidadanía" e por "responder a criterios de coherencia, xa que son os que outorgan licenzas de apertura de establecementos", segundo apuntaron as dúas plataformas nun comunicado.

As dúas organizacións pretenden tamén a prohibición da instalación de prazas de touros portátiles, "igual que en Cataluña e Illas Baleares, a partir de criterios de seguridade cidadá", segundo afirmaron.

Ambos os colectivos cargaron, ademais, contra "aqueles concellos gobernados polo PP, como Valga ou Moraña", nos que, din, "se subvencionan novilladas e capeas como política de adoutrinamento sobre a tauromaquia". As asociacións reuniron 26.000 firmas para a prohibición deses actos.

Temas: TOURADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Chú Norris

O maravilloso arte do toreo ten que se regular eficazmente: Propoño ca idade mínima para asistir aos festexos impoñase en 123 anos e acompañados polos país.

2 Telesforo

Animalistas, venga a dar la lata a San Fermín, que en Pamplona hay toros para todos y tupido. Pero tened cuidado que el ayuntamiento está gobernado por Euskal Herria Bildu (EH Bildu), amigos de pistoleros y asesinos nazionalistas, e igual se cabrean y os mandan a sus valientes gudaris para torturaros e exterminaros que de eso saben mucho.

1 xDDD

Se te apelidaras Monzón, xa era o colmo da ironía

1 Gamela

pero ninguén abre a boca sobre a utilización dos nenos e nenas para elevar os índices de audiencia nas televisións ? https://goo.gl/eL3PBz Estes animalistas cada día sonche máis listos... todo para o meu can antes que ter fillos !!!