Temas: CICLISMO

Favoritos para este Tour de Francia

Por Galicia Confidencial | París | 05/07/2017 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

Como todos os veráns, a principal de competición de ciclismo leva a cabo polas rúas e paisaxes franceses. Trátase do Tour de Francia, ao que acoden os mellores ciclistas de todo o mundo co obxectivo de facerse co maillot, ou chaqueta, amarela. Hoxe falaremos dos favoritos para esta edición e da actuación de españois na historia de Tour de Francia.

Ciclistas no Tour de Frnacia
Ciclistas no Tour de Frnacia

As casas de apostas dan como avantaxados a seis ciclistas sobre o resto: o italiano Fabio Aru, o británico Chris Froome, o australiano Richie Porte, o francés Romain Bardet, o colombiano Nairo Quintana e a garantía española, Alberto Contador. Estes seis homes compiten entre eles por coroarse nos Campos Elíseos parisienses.

Os ciclistas españois teñen no seu haber un total de 12 triunfos no Tour de Francia, a competición de ciclismo por excelencia. Pero se falamos de historia española no Tour de Francia hai que mencionar un nome propio: Miguel Indurain. Das súas 12 participacións, o navarro conseguiu 5 vitorias, desde 1991 a 1995, que o sitúan como un dos mellores profesionais neste deporte de España e do mundo. Comparte primeira posición internacional de 5 títulos cos franceses Jacques Anquetil e Bernard Hinault e o belga Eddy Merckx.

Outro dos ciclistas españois máis destacados pola súa traxectoria no Tour de Francia e que compite a día de hoxe é Alberto Contador. O madrileño gañou en dúas ocasións das nove que participou no Tour de Francia e é unha das grandes esperanzas para este ano tamén. A súa última vitoria foi alá polo 2009, e a anterior en 2007, coa retirada do seu triunfo tamén en 2010 polo xa coñecido como “Caso Contador”.

E facéndose un oco nas vitrinas de gañadores do Tour de Francia, por unha vez, están Carlos Sastre (2008), o galego Óscar Pereiro (2006), Pedro Delgado (1998), Luís Ocaña (1973) e Federico Martín Bahamontes (1953). Estes ciclistas escribiron o seu nome nun campionato que ten 114 anos de historia desde que desen en comezo en 1903. Só foi interrompido polas guerras mundiais de 1915 a 1918 e de 1940 a 1946.

Por outra banda, un dos españois con máis tradición neste deporte dixo adeus ao Tour de Francia e o que resta de tempada de ciclismo. Trátase de Alejandro Valverde, murciano de 37 anos que caeu o sábado ao cruzar a segunda ponte sobre o río Rin a unha velocidade de 70 quilómetros por hora. A pista da Primeira Etapa en Dusseldorf estaba mollada e esta circunstancia, combinada coa velocidade do descenso, produciu a caída que lle rompeu a rótula e o astrágalo.

O seu compañeiro e principal apoio Nairo Quintana mostrouse moi preocupado por como lle irá agora ao equipo Movistar sen el, xa que o perde por moitos meses e non o terán na Volta a España.

Temas: CICLISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta