Como sería un congreso de branqueadores de diñeiro?

A CIG-Administración distribúe un folleto humorístico con posibles ponentes dun congreso sobre branqueo de diñeiro, entre os que se atopan, Rosendo Naseiro, Pablo Crespo, Luís Bárcenas, Cristobal Montoro ou Núñez Feijóo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/07/2017 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

“A CIG organizará coa EGAP a 3ª xornada do V congreso sobre branqueo de diñeiro que contará con ilustres convidados esquecidos”. Deste xeito titular este sindicato un folleto informativo-humorístico no que se imaxina uns ponentes especialistas en “branquear” diñeiro.

O empresario Francisco Correa, o ex-tesoureiro do PP Luis Bárcenas e o ex-secretario de Organización do PP de Galicia Pablo Crespo
O empresario Francisco Correa, o ex-tesoureiro do PP Luis Bárcenas e o ex-secretario de Organización do PP de Galicia Pablo Crespo | Fonte: Europa Press

Este folleto, distribuído en dependencias da Xunta e a través da Internet, inclúe como expertos en branqueo a ex dirixentes do PP imputados en distintas causas como Rosendo Naseiro, Pablo Crespo ou Luís Bárcenas. Tamén inclúe a outros dirixentes populares como Cristóbal Montoro, Rodrigo Rato ou Carlos Faílde.

Este é o folleto realizado pola CIG-Administración:

A CIG organizará coa EGAP a 3ª xornada do V congreso sobre branqueo de diñeiro que contará con ilustres convidados esquecidos

Descargar ficha da última xornada esquecida pola EGAP

A Escola Galega da Administración Pública vai celebrar o 20 e 21 de Xullo o V Congreso sobre prevención e represión do blanqueo do diñeiro  (*traducido do orixinal, pois como boa Escola Galega, publica cáseque todo en castelán);  o dito congreso artéllase nunha parte administrativa e outra penal, con distintos conferenciantes moi versados nas facetas de prevención de delitos financieiros.

Dende a CIG de Servizos Centrais e como bos funcionari@s queremos colaborar coa EGAP (e por suposto co Goberno galego)  e por eso convocamos a  III xornada do dito congreso cunha fase máis práctica e que se centre en casos concretos moi interesantes  e que versará sobre:

XORNADA DE MAÑÁN

9.00-10.00. Inauguración. Un exercicio de branqueo democrático en Galicia (Sr. D. Pablo Crespo, ex–secretario xeral do Partido Popular). (*A última hora incorpórase tamén o Sr. Rosendo Naseiro coas Memorias de Don Manuel Fraga).

10.00-11.00.- Como branquear con libreta e lápis  (Sr. D. Luis Bárcenas ex–tesoreiro do Partido Popular)

11.00-11.45.- Como lavar aínda máis branco dende o Estado: unha crise o xustifica todo: (Excmo. Sr. Cristobal Montoro, Ministro de Economía)

11.45-12.15.- Pausa café co patronicio de Plexus, Indra, Bahía software e Atos Origin e coa proxección dun resumo da película “La gran evasión” (ambientada esta vez non na II Guerra Mundial senón nun vello Cantón suizo).

12.15-13.00.- A arte do branqueo: branquear salpicando e subvencionando . (este si que non é sr. un tal Laureano Oubiña).

13.00-14.00.- Branqueando mentras formamos: Sr. D. José Luis Suárez alcalde de Monterrei e Deputación de Ourense) *tamén intervirá a súa muller experta  tamén nestes temas.

Comida no restaurante do Pazo Baión, subvencionada por: Dragados, Endesa, Telefónica, Bankia e  Fundación FAES

XORNADA DE TARDE

16.00-17.00.-  Como branquear sen lavadora. (SR. D. Rodrigo Rato, expresidente de Bankia e exministro e a punto de ser nomeado DX da celda 311 de Alcalá-Meco)

17.00-17.45.- Como repartir a branca Galicia por 700 euros (Sr. D. J.M. Pichel Pichel arquitecto do S.A. do Xacobeo). Tamén aproveitara para presentar unha comunicación titulada “parece mentira pero aínda sigo aquí".

17.45-18.30.- Brancaneves e as 7 emerxencias (Carlos Faílde. Ex–Proteción Civil A Estrada)

18.30-19.15.- As dietas máis brancas de tódalas dietas (Sr. D. Domingo Bello Janeiro catedrático de Dereito Civil-UDC)

19.30.- Peche do acto polo Excmo. Sr. Don. Alberto Nuñez Feijoo co relatorio denominado: “Eu pasaba por aquí e non me enteraba de nada: o branco é a miña cor”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta