‘Estamos todas canda ti’, o videoclip do BNG para o Día da Patria

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/07/2017 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O BNG innova este 2017 a súa forma de convocar a tradicional manifestación do Día da Patria Galega. Faino desde a cultura, co lanzamento dun tema musical da man de Caxade e Mini titulado 'Estamos todas canda ti'.

Caxade e Mini, no videoclip ‘Estamos todas canda ti’ do BNG para o Día da Patria.
Caxade e Mini, no videoclip ‘Estamos todas canda ti’ do BNG para o Día da Patria.

Esta iniciativa supón o inicio dunha nova xeira. A pretensión da formación nacionalista é convidar cada ano a unha artista ou banda galega diferente a crear a canción do 25 de xullo. Nesta primeira edición os protagonistas son Xosé Luís Rivas, Mini e Caxade, artistas de recoñecido prestixio e traxectoria.

Coa mobilización do 25 de xullo o BNG busca facer do Día da Patria unha "grande mobilización social, aberta e plural contra, a discriminación que soporta Galiza por parte do Estado ante a inacción cómplice do Goberno galego, unha mobilización en que galegos e galegas reivindiquen a necesidade de mudar o rumbo do país e abrir un tempo novo", expón a formación nacionalista. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Porque a Terra somos Nós... https://goo.gl/zGzR3O