Temas: UPG

A UPG impulsa unha homenaxe ao Che Guevara

Considera que hai que recuperar o pensamento de quen foi un dos revolucionarios máis importantes do século XX “fronte á mercantilización da súa figura”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/07/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Unión do Povo Galego (UPG), a organización maioritario do BNG, impulsa unha homenaxe ao Che Guevara, de quen en outubro se fan os 50 anos do seu asasinato en Bolivia, nunha operación dirixida pola intelixencia dos EE.UU.

Lister co Che Guevara
Lister co Che Guevara

A UPG xuntou o pasado mércores en Compostela a diversas organizacións dos ámbitos político, sindical e social para constituír un Comité Nacional Galego de Homenaxe ao Che Guevara. Polo momento, esta formación non facilitou o nome das organizacións que decidiron poñer en marcha esta iniciativa.

Con todo, remitiu un comunicado no que suliña que “as diversas organizacións consideran que a figura e o  pensamento de Ernesto Che Guevara son merecentes de divulgación, estudo e homenaxe, debido á súa traxectoria de loita, á súa práctica internacionalista e antiimperialista e á lectura dialéctica do marxismo que realizou”. Ademais, entende que esta homenaxe é necesaria para “recuperar o pensamento de quen foi un dos humanistas e revolucionarios máis importantes do século XX fronte á mercantilización da súa figura por parte de aqueles contra os que sempre loitou”.

O Comité Galego de Homenaxe ao Che Guevara, segundo indica a UPG, “está aberto á integración e participación activa no mesmo” de todas as organizacións galegas que concorden nos obxectivos propostos. Manterá unha segunda reunión co obxecto de avanzar na programación e organizacióndosactos a realizar que terá lugar o luns día 31 de xullo na sede da UPG en Compostela.

Temas: UPG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 M.H.

Mira que non hai cousas importantes que facer en Galiza. O de sempre mirándose o enbigo.

1 Meileiro

E se non é importante por que entras a comentalo en vez de facer ti o importante. Veña bule que é importante!!!! Que fas lendo isto???? Levanta o cú da cadeira e comeza xa!!!

4 Gamela

Mentres o Che Guevara CAMBIOU A HISTORIA outros nunca Cambian de Historia ! ....e sempre a mesma melodía.... o vello Paco e a súa democraçía... Disolución dos Corpos Represivos! UPG http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 Seseae

Vaia si trocou a vida, e a de algúns de forma radical

3 nostrus

Para hacerle un homenaje al Che o hay que ser muy ignorante y no saber quien fue o hay que tener mucha mala baba, ademas de muy mal gusto. El Che fue un argentino nacionalizado cubano y que practicó la tirania y el terror presidiendo fusilamientos masivos. La propaganda lo convirtió en héroe y estratega, pero no pasó de ser un mindundi que acabó haciendo la guerrilla en Bolivia, emboscádose él mismo a causa de los grandes errores que ningún estratega cometiria. Imagino que estará en el mas allá jugando al dominó con los grandes tiranos de la historia y si bien no fue tan criminal como otros fue porque no le dejaron pasar de aprendiz.

1 Brixio

Xogando ao dominó có seu amigo...o galego-cubano Fidel Castro

2 Posturitas

O máis parecido que tivo o BNG ó che guevara foi a barba de Sancho Quintana.

1 Brixio

Unha homenaxe ao Che Guevara?? home...