Temas: TOURADA

Cancelada unha capea de touros en Moraña

É a terceira cancelación de actividades taurinas no país este ano, tras o sucedido en Abegondo (A Coruña) e O Páramo (Lugo). A penas Pontevedra sobrevive como praza para a tauromaquia no país.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2017 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

As asociacións 'Galicia, mellor sen touradas' e Libera celebraron a cancelación da capea en Moraña (Pontevedra) prevista para este domingo o que, sumado ás citas de Abegondo (A Coruña) e O Páramo (Lugo), supón a paralización de tres festexos taurinos no que vai de ano.

Corrida de touros
Corrida de touros | Fonte: Europa Press

Segundo apuntou 'Galicia, mellor sen touradas' nun comunicado, este feito supón un "importante avance que incrementa o poder de convicción diante dos gobernos municipais" e sinalou ademais a colaboración con diferentes grupos políticos.

Doutra banda, denunciou que estas celebracións "ademais de implementar actos taurinos nunha comunidade allea á tauromaquia buscan abrir supostos canles de negocio para promotores que tentan beneficiarse das axudas de concellos e deputacións".

No comunicado recóllense, ademais, algunhas cifras como o "desembolso" do Concello de Valga (Pontevedra) de 3.000 euros para a organización dunha capea. A plataforma referiuse tamén á feira taurina de Pontevedra, "para a que se entregaron o pasado venres 104.000 rúbricas pedindo ao concello que asuma medidas para impedir as corridas de touros".

Por último, opinaron que "a tauromaquia segue á baixa en Galicia cun descenso do 40 por cento no número de convocatorias nun ano". A asociación abolicionista aseverou que esta tendencia "se acelerou coa retirada de subvencións por parte dos gobernos municipais da Coruña, Sarria (Lugo) e Padrón (A Coruña)", o que, din, "confirma que sen axuda pública a armazón non sobrevive".

Temas: TOURADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Arturo

Moraña está perto de Cuntis, e Moaña está enfrente de Vigo, ao lado de Cangas. O dos touros en Galicia non pinta nada, nen nunca pintou moito, sendo sinceiros.

1 Lozano & Lores SLU

En Pontevedra do BNG son tradición, con subvención directa de Lores (á corrida) que logo pasou a indirecta (alugueiro da praza para eventos) para disimular. http://www.lavozdegalicia.es/notici... E así van entregados un millón de euros aos promotores dos touros en Pontevedra.

2 guillerme gintonic

Que a leven para Pontevedra que Lores non ten problema coas touradas

1 comunista independentista

Quen goberna nos concellos de Moaña e Pontevedra?

1 bem

Chovi, aprende a ler. Põe Moranha não Moanha