Non hai perigo de rotura da presa mineira de San Fins, segundo a Xunta

Medio Ambiente suliña que, en caso de verteduras, a empresa concesionaria terá que "cumprir a normativa" de restauración das zonas afectadas.

Por Galicia Confidencial | Lousame | 24/07/2017 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

A Xunta non ten constancia “de que exista un risco inminente para a seguridade desa presa”. Asi, respostou o director de Augas de Galicia no Parlamento en xaneiro a unha pregunta do BNG sobre a seguridade na prensa da mina de San Fins,  Sen embargo, poucos meses despois a propia empresa indicou que a presa presentaba un importante grado de deterioro. E, novamente, tras unha nova pregunta, a Consellería de Medio Ambiente volveu sinalar que “non se pode inferir que haxa un risco alto de rotura inmediata”.

Augas de Galicia realizou un “informe descritivo das presas de cara a avaliar a súa situación e características”, pero o de San Fins non se encontraba no expediente cando se lle proporcionou copia ás entidades personadas no mesmo.

Nas preguntas do BNG tamén se solicitaba información sobre a determinación da titularidade das presas, indicando Augas de Galicia que non atopara “datos concluíntes sobre a titularidade da presa”, aínda que matiza que “para o caso de que tivese formado parte da explotación ou se tivese construído para darlle servizo volverase a requirir á empresa para que dea cumprimento ao solicitado e garanta a seguridade da presa”.

Á pregunta de se irá “condicionar Augas de Galicia a eventual resolución de verteduras á restauración do espazo natural afectado polas presas mineiras”, a Xunta limítase a indicar que “na resolución de autorización de vertido que se outorgue, se esta procede, impoñeranse a esta explotación todos os condicionantes que sexan necesarios para o cumprimento da normativa”.

Mina de San Fins, en Lousame
Mina de San Fins, en Lousame

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta