Temas: SUBVENCIóNS

Máis rexistros pola fraude no Centro Tecnolóxico da Carne

Os investigadores acuden ao domicilio dunha empresa despois de rexistrar a sede pública do CETECA en Ourense. Esperan detencións, aínda que non prevén que sexan de maneira inmediata.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2017 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

Os axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) de Ourense que investigan supostos delitos de prevaricación, falsidade documental e malversación de fondos no Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca) incautáronse de "importante documentación" para a causa tras rexistrar o domicilio dunha persoa vinculada a esta fundación dependente da Xunta.

Rexistro da Policía no Centro Tecnolóxico da Carne
Rexistro da Policía no Centro Tecnolóxico da Carne | Fonte: crtvg

Así o aseguraron a Europa Press fontes próximas á investigación, que explicaron que o pasado venres, tras proceder ao rexistro do Ceteca, os axentes da UDEV desprazáronse ata unha vivenda particular en Ourense onde "retiraron importante documentación" tanto dos computadores persoais como en formato de papel.

Esta documentación súmase ás recolleita horas antes na sede do Ceteca, onde os axentes pecharon durante seis horas as instalacións para solicitar información por mor dunha denuncia anónima realizada hai dous meses sobre presuntas fraudes en subvencións nesta entidade.

De feito, axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta da Comisaría de Policía en Ourense rexistraron o venres pasado as instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne, no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, para solicitar información nunha investigación aberta pola Fiscalía.

POSIBLES DETENCIÓNS

Esta información súmase á facilitada nas últimas horas polas fontes da investigación, que apuntan a que haberá detencións, aínda que rexeitaron que poidan producirse ao longo da semana ou de maneira inmediata.

Estas mesmas fontes apuntaron a que haberá que esperar á "análise pormenorizada" que realizan os axentes da documentación incautada no Ceteca, antes de que se produzan novos movementos na investigación.

As investigacións iniciáronse a instancias da Fiscalía de Ourense, despois de que esta recibise información anónima sobre delitos de índole económica nesta fundación dependente da Consellería de Medio Rural.

O pasado venres o departamento de Medio Rural da Xunta confirmou a súa "disposición e colaboración" coa Xustiza "en todo" o que se lle requira.

Temas: SUBVENCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta