Temas: MODA

Galicia participará do lanzamento da marca de téxtil “made in Europe”

Será unha marca compartida con industrias do sector de Cataluña, Valencia, Suroeste de Francia e Norte de Portugal que decidiron participar conxuntamente en mercados transnacionais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/08/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Asociacións empresariais do sector téxtil de Cataluña, Valencia, Galicia, Suroeste de Francia e Norte de Portugal van lanzar unha marca conxunta baixo a nome de “made in Europe”.  Unha decisión que tomarons hai uns días, durante a celebración do terceiro encontro dos socios do Proxecto INTER-TEX que se celebrou en Guimarães.

Etiqueta de roupa
Etiqueta de roupa | Fonte: euobserver.com

Segundo confirmaron a GC fontes da Confederación de Industrias Textiles de Galicia (COINTEGA), o socio principal do proxecto é a Agrupació Catalana del tèxtil i la moda (MODACC), e as empresas galegas participan como parceiras.

Ademais, nos próximos seis meses, empresas galegas desenvolverán, xunto con outras de distintos puntos de España, Portugal e Francia distintos produtos, entre os cales se inclúen, a participación en misións e encontros B2B en terceiros mercados a creación de grupos transnacionais de internacionalización conxunta, iniciativas de vendas online, participación en plataformas comerciais e o lanzamento da marca 'made in Europe'.

Durante a xuntanza en Portugal, os futuros socios desta marca analizaron, debateron e decidiron, entre outros asuntos, as ferramentas e iniciativas a desenvolver nos próximos seis meses, en prol da internacionalización das pemes do sector téxtil de Cataluña, Valencia, Galicia, Suroeste de Francia e Norte de Portugal e os criterios para a posta en marcha desa marca conxunta.

Organizado pola ADRAVE (Axencia de Desenvolvemento Rexional do Vale do Ave) e pola ATP-Asociación Téxtil e Vestuário de Portugal, e co apoio da AMAVE (Asociación de Municipios do Vale do Ave), neste encontro estiveron representantes do Concello de Igualada, Agrupació catalana del tèxtil i la moda, MODACC, Asociación de empresarios Textiles de la Comunidad Valenciana, ATEVAL, Agencia para la Competitividad de la Empresa, ACCIÓ, Confederación das Industrias Textiles de Galicia, COINTEGA e Union des Industries Textiles du Sud.

Etiqueta de made in Europe
Etiqueta de made in Europe

Temas: MODA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta