Ocupan o Zara de Marineda para denunciar “explotación laboral”

Xornadas de máis de 12 horas sen cobrar extra. Este é un dos problemas que sofren os obreiros galegos que traballan en adecuar as tendas dos grandes grupos téxtiles.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/08/2017 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A CIG ocupou de maneira “simbólica” as obras da tenda de Zara. no centro comercial Marineda na Coruña. Así, o sindicato quere chamar a atención ante a  “explotación laboral que se vén dando nas obras promovidas polas principais galegas de téxtil en todo o mundo”.

Manifestación da CIG nas portas do Zara de Marineda City na Coruña
Manifestación da CIG nas portas do Zara de Marineda City na Coruña

Piden negociar para evitar o abuso nas contratas

O obxectivo da central é que empresarios como Amancio Ortega, dono da matriz Inditex, negocien as condicións laborais que deben regular estas obras.

Mario Maceiras, sindicalista, di que  Inditex ven premiando  ás empresas máis desreguladas, que deben aceptar incumprimentos sistemáticos dos convenios colectivos, como a realización de xornadas de máis de 12 horas, exceso de xornada que non se recompensa nin remunera, o incumprimento dos tempos legais de descanso e entre xornadas, o nepotismo na contratación, o encadeamento fraudulento de contratos, a relaxación da vixilancia da seguridade e a saúde, co conseguinte incremento da sinistralidade, renuncia ás vacacións, etc.

Acta de infración no Zara Home de Arteixo

De acordo a súa versión, a Inspección de Traballo xa certificou recentemente que noutra obra de Zara Home en Arteixo non se respectou o calendario laboral por traballar festivos, polo que levantou acta de infracción.

O sector de obras para tendas de téxtil é bastante importante no país. A miúdo son empresas pequenas, nos que os sindicatos teñen moi difícil lograr representación oficial, ante o medo as represarias e a precariedade.

Polo de agora, Inditex non respondeu ás acusacións da CIG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta