Temas: VENEZUELA BNG

O BNG pecha filas co chavismo en Venezuela

A fronte presenta o Goberno de Maduro como vítima do imperialismo e dos medios de comunicación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/08/2017 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

O Bloque volveu a tomar partido público a prol do goberno bolivariano en Venezuela. Fíxoo nun comunicado no que aplaude ao pobo por elixir unha Asemblea Constituínte para reformar a Constitución.

Nicolás Maduro, presidente de Venezuela
Nicolás Maduro, presidente de Venezuela

A oposición cifrou en algo así como o 14% a participación. Foi algo máis do 40% segundo o executivo de Nicolás Maduro. Toda a oposición boicoteou os comicios pois considera que un paso cara a ditadura, pero o BNG considéraos lexítimos.

Petróleo

Os nacionalistas galegos denuncian que a votación saíu adiante pese a “inxerencia internacional, ameazas de tres Estados, coacción económica e diplomática e manipulación mediática”. Dos numerorsísimos incidentes violentes, a fronte unicamente cita en concreto o asasinato dun candidato á Asemblea.

Na súa opinión, a mala prensa que ten Maduro no país débese aos “intereses económicos e estratéxicos que planean os recursos enerxéticos de Venezuela”.

Temas: VENEZUELA BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

17 Exército venezolano!

Por fin! Os militares ao lado do seu pobo esmagado polos chavistas! Viva Carabobo! Maduro colgado dun adibal!

16 Gamela

Seica nos "asuntos exteriores" hai unanimidade... o malo é gobernar na casa! https://www.noticiasvigo.es/anova-c...

15 anonimo

Lembremos tamén que Maduro non está cualificado para o posto ¿ Hai algún país do mundo civilizado en que o presidente do estado sexa conductor de bus ? ¿ Sería moito pedir que tivese algo, so algo de estudos ? Venezuela é un caos, e deso non teñen culpa " os de fora". Non é o socialismo do seculo XIX, é un sistema cunha inflación sideral e con falta de abastecimento. O que pasa e que se o BNG admite eso, esfalérasen os seus argumentos. Coma a culpa non pode ser deles, ten que ser dos de fora.

1 Argonauta

Xa xa...os que están cualificados para os seus postos son Feixoo (enchufado Interino a quen lle regalaron despois a praza por promoción interna....deso sabe bastante o Felón de Barreiro Rivas.... o resto..xa se sabe: lambetada ven lambetada vai a Romaiavemaria...) ou Raxoi (nenobenpijo fillo do Chefe da Audiencia de Pontevedra e polo tanto enchufadismo nas súas Oposicións a Rexistrador...o resto xa se sabe: logopeda e sobres a tutiplen)....pois o Mérito estará, digo eu, en sendo Conductor de Autobus chegarf aí democráticamente (aínda que un pouco Enchufado por Chavez: o loco Chavez dician os "blanquitos" venezuelanos engadindo: pero como vai ser un zambo- medio indio -presidente da nosa queridisma República????).

14 anonimo

Venezuela: 1.000 % de inflación prevista para este ano. 28.000 asesinatos por ano. ¿ Eso é culpa do imperialismo e os medios de comunicación ?

13 Eu mesmo

Un grande erro un posicionamento coma este. O BNG debería ter nos seus obxectivos a transversalidade, mais neste caso quere ir un paso máis adiante dos podemitas e demáis subgrupos rupturistas. Qué terá que ver esto co país?. Estades certos da limpeza do proceso e das intencións de Maduro?. Eu tampouco, nin da oposición venezuelana, obvio!

1 Failde

Certo! O BNG non sabe como contrarrestar a Podemos. Por iso entra ao trapo e afunde nestas augas revoltas (véxase o papel dos seus lacaios tratando de culpar ao medio por publicar unha nota, sabendo que hai moitos galegos que non toleran a chulería infantil de Maduro, temen perder apoios dos lectores, e á vez queren estar na "vangarda revolucionaria" por se a de Venezuela fora a nova Cuba). Sería moito pedir ter distancia, esixir liberdade para o povo e non inxerencia exterior de USA e da Europa dos mercaderes, sen abrazar a perigosisima oposición (como fai o PP, PSOE, e os medios españois). Copiar de Podemos até no malo, todo un reto para o BNG!