Temas: AFUNDACIóN FOLK

Carlos Nuñez actuará en Vigo antes do Nadal

O máis internacional dos músicos galegos acturará no Teatro de Afundación de Vigo o sábado 23 de decembro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/08/2017 | Actualizada ás 09:29

Comparte esta noticia

As entradas xa están a venda en Ataquilla.com, dende só 16,2 euros máis gastos de xestión. A actuación empezará as 21 horas.

Carlos Nuñez en directo en 2011
Carlos Nuñez en directo en 2011 | Fonte: Ralf Schulze wikimedia

Carlos Núñez (Vigo,197) é un virtuoso multinstrumentista, considerado pola crítica como un dos mellores gaiteiros do mundo. Figura imprescindíbel na música celta e folk, o seu último traballo (Inter-Celtic) supuxo o seu noveno disco dende que saltara a fama coa Irmandade das Estrelas.

Biografía

O ex-membro de Matto Congrio é se cadra o músico galego con maior proxección internacional da historia. Así, Núñez colaborou con destacados artistas españois como Vicente Amigo, Carles Benavent, Luz Casal, Kepa Junkera ou Carmen Linares. De entre os moitos músicos internacionais cos que tocou ou gravou destacan The Chieftains e os seus integrantes Paddy Moloney, Sean O'Ríada e o defunto Derek Bell.

Ademais deles, cabe destacar a Dan Ar Braz, Jackson Browne, Phil Cunningham, Ry Cooder, Ronnie Drew, Frankie Gavin, Roger Hodgson, Paddy Keenan, Noa, Máirtin O'Connor, Liam O`Flynn, Dulce Pontes, Teresa Salgueiro, Sharon Shannon, Donald Shaw e La Vieja Trova Santiaguera.

Temas: AFUNDACIóN FOLK
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ForzaCarlos

alí estaremos! o concerto no Mosteiro de Oseira foi impresionante. O maior galego de todos os tempos. O galego máis internacional!