Temas: SOL CALOR

Volve a calor a Galicia

A fin de semana os termómetros superarán os 30º na maior parte do país.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 10/08/2017 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

Logo da baixada de temperaturas desta semana por mor dunha bolsa de aire frío, Galicia volve recuperar as temperaturas propias do verán. Será a partir desta fin de semana, cando se superen os 30º en moitos punto do país.

O sol da fin de semana animará a ir á praia
O sol da fin de semana animará a ir á praia

As temperaturas xa comezaron a subir este xoves. Vigo e Pontevedra achegaránse aos 30º, mentres que en Ourense non superará os 27 e Compostela quedará en 22. Con todo, o anticiclón instarase definitivamente este venres, con temperaturas que irán subindo a medida que avance o día, sobre todo, no sur.

En Vigo chegaranse ao 27 graos, en Pontevedra a 29, 31 graos terán en Ourense, 25 en Lugo e 23 na Coruña. O sábado, Vigo estará a 30 graos, o mesmo que en Pontevedra, 32 terán en Ourense, e 27 en Santiago.

Temas: SOL CALOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta