Temas: UPG DODRO FENE FERROL

UPG e MGS celebran por separado a homenaxe a Moncho Reboiras, “asasinado por disparos da policía española”

As dúas formacións que integran o BNG lembran este sábado a este sindicalista e militante nacionalista que morreo en Ferrol en 1975. Tamén Agora Galiza e Causa Galizia celebra actos por separado.

Por Galicia Confidencial | Dodro | 11/08/2017 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Este 12 de agosto é un día especial para o nacionalismo galego, o aniversario da morte de Moncho Reboiras. Pero a Unión do Povo Galego (UPG) e o Movemento Galego ao Socialismo (MGS) –unha escisión da UPG-, as dúas formacións que hoxe por hoxe integran o BNG, conmemorán por separado  a quen foi asasinado, segundo apuntan, “por disparos da policía española nun portal da Rúa da Terra, en Ferrol”. Tamén o fará a formación independentista Agora Galiza.

Homenaxe a Moncho Reboiras
Homenaxe a Moncho Reboiras | Fonte: galiza.indymedia.org

Reboiras tiña 25 anos cando morreu, mais desde os 19 anos era xa un gran activista político. No campo cultural, participou activamente  e impulsou a fundación da Frente Cultural Galega, no seu papel na fundación da Asociación Cultural O Castro e da revista Des.parafuso, así como na actividade na Asociación Cultural de Vigo. 

Foi operario nos estaleiros de Barreras, en Cerámicas Álvarez, máis tarde en Astano e despois en Intelsa, na Coruña, e peza fundamental na constitución do Sindicato Obreiro Galego, antecedente da CIG. Tamén foi organizador das primeiras células de ERGA nos centros de ensino da Coruña e membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, naquel momento clandestina. “Nela traballou incansabelmente co obxectivo de a dotar de medios e infraestruturas que permitisen máis capacidade na loita política por un futuro de liberdade e soberanía para a nosa Patria”, lembra a UPG.

“A encarnizada persecución a que foron sometidos os militantes da UPG e o asasinato do seu dirixente, Moncho Reboiras, teñen causa na firmeza con que  afrontaron a loita por unha Galiza soberana e socialista... como a única maneira de garantir ás clases traballadoras da Galiza un futuro que o estado español e os intereses dos seus poderes económico-políticos lle negaban e lle continúan a negar”, recolle nun comunicado.

No 42 anos do seu asasinato, esta formación realizará unha homenaxe este sábado en Dodro, Fene e Ferrol na que participarán, Sandra Permui (Portavoz municipal do BNG en Fene), Adrián R. Bravo (Secretario Xeral da UMG) e Néstor Rego (Secretario Xeral da UPG).

MGS

Tamén a MGS celebrará outro acto ese mesmo día, aínda que diferente ao da UPG. As actividades comezarán no cemiterio de Dodro ás 13 horas coa presenza de Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG de Dodro que participou de cativo no enterro de Moncho Reboiras hai 40 anos, nunha parroquia tomada pola Guardia Civil; Élia Lago, da Mesa Nacional do MGS e de Isca! E Ramiro Oubiña, histórico militante sindical no seo da CIG.

Posteriormente terá lugar un xantar popular nunha carballeira acondicionada a 150 metros, amenizado con gaiteiros e a media tarde haberá un roteiro para visitar os interesantes petroglifos de Bouza Abadín.

Agora Galiza

Por outra banda, a formación independentista Agora Galiza, algúns de cuxos integrantes militaron antes na UPG e no MGS realizarán outra homenaxe paralela que terá lugar no cemiterio de Imo, pero ás 11.30 horas. 

Causa Galiza

Causa Galiza, outra das organizacións independentistas galegas tamén realizará un acto de homenaxe no cemiterio de Imo, pero que comezará ás 17.00 horas.

Temas: UPG DODRO FENE FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

4 nostrus

Si Hitler hubiera muerto a la edad de veinticinco años no hubiera pasado a la historia como uno de los seres humanos mas salvajes.

1 Ana

Se a ti te abortaran non teriamos un pequeno fascista facendo comentarios para provocar ou animar o debate.

2 nostrus

Ana, si homenaxeas a Reboiras tes ti mais de feixista que eu. Compara a traxedtoria de Hitler ata os vintecinco anos coa de Reboiras na mesma idade. Non desprecies aos feixistas porque eres pior ca eles.

3 Ana

Eu non honemaxeo a Reboiras, nin apaudo a súa morte violenta por parte das forzas represivas dunha dictadura. Ti xustificas o terror desde o Estado fascista. Quen semella Hitleriano? Quen segue aos fascistas? Mírate no espello Nostrus!

4 nostrus

No Ana,yo para nada me alegro de su muerte ni justifico el terror desde un estado fascista, eso solo pertenece al imaginario de lo que mejor sabeis hacer los nacionalistas, o sea, confundir, manipular y creeros los únicos que no sois fascistas. Yo solo digo que Hitler con veinticinco años no demostro ser tan mala persona como Reboiras y mira donde llegó. Yo solo especulo donde llegaria Reboiras si hubiera tenido el poder que tuvo Hitler. Si te pican los ojos leyendo español me lo dices y te escribo en gallego.

3 arturo gz

Fachas saindo do armario, xustificando a violencia franquista, exercida neses días por toda Galiza contra persoas cuxo único delito era ser nacionalistas galegos. O problema que teñes estes "franquistas" e que deixan en evidencia aos seus partidos políticos (C's e PP). Señores da ultradereita, que sobre todo son uns pobres incultos.

1 nostrus

Si es de mal gusto homenajear a Franco, tambien lo es homenajear a individuos de la calaña de este señor, que por mucho que lo intentan disfrazar de luchador por la libertad, solo luchó para quitar una dictadura y poner otra de otro color.

2 Cansino

Sempre van falar os máis indicados. Que eu saiba toda violencia é condenable e non só a que interesa condenar. Falas de "franquistas" pero esqueces que este tipo era un "terrorista", falas de fachas pero non sei e que se distinguen dos nacionalistas que só admiten un pensamento único, falas de pobres incultos de ultradereita cando sinceramente no mundo global no que estamos e con posibilidades de viaxar os únicos incultos son os nacionalista independentistas creadores de reinos de taifas, falas de que hai xente que deixa en evidencia ao PP e C´s.... bueno tes razón a eses pódenos deixar en evidencia cera xente o BNG e Mareas xa o fan eles sos vendo a calaña de que os vota e o que defenden (Maduro, EHBildu, CUP,...)

3 Balbino

Queda ben claro quen é cada un, comparar a Franco con este Mártir amosa o nivel de asasinos fascistas que veñen tocar os coyonns por eiquí.

4 nostrus

balbino, ¿nivel de asasinos fascistas que veñen tocar os coyonns por eiquí. ?. Ti non pasas un psicotecnico, estas ogual como os teus camaradas Beiras e Bautista Alvarez. Os que homenaxeades a Reboiras tedes a mesma calaña que os que homenaxean a Franco. ¿Que seria capaz de facer Reboiras si chegara a ter o poder que tivo Franco?.

5 arturo gz

Pensades que sodes moderados e xustificades un asesinato de un rapaz de 25 anos. Sodes radicais que xustificades o "terrorisno de estado". Apoiades o peor do franquismo, a violencia, e inda decides que vos non sodes franquistas.

6 EFC

Claaaaro, el finado tenía la pistola, no para ser un violento, sino para hacer cosquillas ¿Qué derechos humanos respetaba el tal Reboiras al hacer uso de un arma de fuego? ¿O es que las personas hacia las que se dispara si son policías o incluso franquistas ya no son seres humanos? Consejos vendo y para mi no tengo.

2 MAMORIA HISTÓRICA

Pa flipar... ¿Cómo es posible que los homenajes a este delincuente que iba armado, fue felizmente abatido, que buscaba crear "formas de loita mais avanzadas" (=terrorismo), no se condideren apología del terrorismo?

1 BufffMiMadre

considerar que este hombre fue "felizmente abatido" no es apología del terrorismo? menudo pa-ya-so estás hecho!

2 EFC

¿Te parece mal abatir a un terrorista en ciernes al que se encontró un arma dispada? ¿Era mejor no abatirlo y darle ocasión a que matase a cualquier inocente? Te retratas

3 Balbino

Ogallá quedarán moitos coma él para facer Xustiza, falan del como se o coñeceran e primeiro deberían limpar a boca toda a merdada fascista que anda por aqui, a quen iba a matares as malas bestas franquistas e calaña coma vos, Nós somos nacionalistas galegos e vós fachas españois as Cousas polo seu nome. Semente de vencer.

1 Gamela

o minifundio galego debera dar un paso cara a "unidade da esquerda" / os mortos foron todos mesmo os que non son de ninguén !!! https://i.gal/gamela04