A CIG acusa a UXT de ir por libre no conflito dos aeroportos

A intervención da Guardia Civil hoxe no aeroporto de El Prat está a reducir o impacto da folga dos vixilantes de seguridade. Traballadores contratados a través de Eulen, corporación que tamén é concesionaria en Santiago. Os traballadores de Lavacolla e Alvedro tamén están chamados a folga parcial, neste caso o día 20 de agosto.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2017 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Agora ben, o conflito en Galicia está marcado até o momento pola desunión sindical, o que pode reducir os problemas de longas colas que levan semanas sufrindo os viaxeiros no aeroporto de Barcelona.

Así, a CIG anunciou hoxe que tamén se descolga da convocatoria. Antes tomaran distancia os outros sindicatos, polo que agora mesmo o único promotor é a UXT.

A CIG ten, ademais, duras palabras para esa central. Pedro Pérez, representante deste sindicato, acusou hoxe a UXT de ir por libre. Na súa opinión, só quere sacar “rédito sindical dun momento no que isto está en liza”. Acusa a outra central de non querer “someter a asemblea” a decisión sobre o paro. Reclámalles que recapaciten e deixen aos asalariados pronunciarse en Asemblea.

Nun comunicado, os nacionalistas acusan aos seus compañeiros de "non ter defendido os dereitos dos traballadores antes", e agora mobilizarse "de costas" a eles. Engaden que UXT colaborou na reforma do servizo en 2012, facendo perder a cada operario máis de 2.000 euros ao ano.

Ademais das mobilizacións na infraestrutura de Lavacolla, están convocados ao paro os operarios de seguridade de Alverdo (Prosegur). A Xunta apelou á negociación para evitar que se chegue finalmente a un paro.

A principal asociación de Guardias Civís acusou hoxe ao Estado de empregar a este persoal militar para vulnerar o dereito de folga.

Pasaxeiros Realizan O Control De Seguridade En Lavacolla
Pasaxeiros Realizan O Control De Seguridade En Lavacolla | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Loureiro

Hai que pedirlle permiso á CIG para facer unha folga ?

1 Sesese

A Ciga como sempre por libre. Sempre a contra. O eles ou ninguen. E falo como traballandor por experiencia propia

1 UXT á contra

Pois desta vez parece que quen vai á contra é a UXT, se nen sequera está dacordo co folga CCOO e iso que sempre van xu tiños da man...