Temas: AFOGADO

47 persoas faleceron afogadas en augas de Galicia no que vai de ano

A galega é a terceira autonomía con máis mortos por estas causas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2017 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

Un total de 47 persoas faleceron afogadas en Galicia no que vai de ano, segundo o Informe Nacional de Afogamentos que elabora a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo. No conxunto do Estado, as persoas afogadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de agosto elévanse a 337, un 14,33 por cento máis das que se deron no mesmo período de 2016, con 43 mortes menos, 296.

Rescate na praia do Ancoradoiro, en Muros
Rescate na praia do Ancoradoiro, en Muros | Fonte: Europa Press

Ademais dos falecementos por afogamento, no que vai de ano faleceron 48 persoas por accidentes ocorridos en espazos acuáticos e máis de 400 foron rescatadas en situacións de perigo.

O 58,7 por cento das mortes, segundo o Informe Nacional de Afogamentos que elabora a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo, producíronse no tres meses de verán, período no que tiveron lugar o 80 por cento dos rescates realizados, o que supón máis de 300 persoas rescatadas en espazos acuáticos.

POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS

En Andalucía producíronse case un de cada cinco mortos, o 17,4 por cento, con 59 persoas falecidas.

Tras Andalucía, Valencia é a comunidade con máis vítimas mortais, con 49, seguida de Canarias e Galicia, con 47; Cataluña, con 35; Cantabria, con 19; Baleares, con 17; Murcia, con 15; Castela e León, con 11; Estremadura e Aragón, con oito; País Vasco, con seis; Comunidade de Madrid, con cinco; Asturias, con catro; Castela-A Mancha e Ceuta, con tres; A Rioxa, con dous, e Navarra cunha. Melilla non rexistrou ningunha morte por esta causa ata o momento.

O perfil da persoa afogada no que vai de ano corresponde a un home (80 por cento), nacional (75 por cento), de 35 ou máis anos (71 por cento), morto na praia (51 por cento), ou en calquera outro espazo acuático sen vixilancia (90 por cento), entre as 10 e as 20 horas (70 por cento).

Temas: AFOGADO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta