Temas: HUMOR

Ríndose con Touriñán na súa casa

O cómico Xosé Antonio Touriñán é o director do Castelo Conta, un festival cómico de formato innovador. Inclúe unha andaina polas seis aldeas de Castelo, unha parroquia de Culleredo na que naceu e vive o famoso cómico, parte de Mucha e Nucha.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/08/2017 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

As entradas para o evento que organiza Ainé Producións xa están a venda en Ataquilla.com, dende só 10 euros máis gastos de xestión.

Touriñán nun monólogo
Touriñán nun monólogo | Fonte: emedous.com

Non é unha marcha calquera, pois os asistentes irán cando algúns dos mellores cómicos do país. Marcos Pereiro, Federico Pérez, Touriñán, Pepo Suevos, Carmen Méndez e Oswaldo Digón  relatarán contos e historias en improvisados escenarios no medio da ruta polos lugares da parroquia.

Despois haberá unha cea na que están previstos monólogos máis formais a cambio de avid Amor, Pepo Suevos, Federico Pérez, Oswaldo Digón, Marcos Pereiro, Xosé A. Touriñán, e a estrea de Carmen Méndez como monologuista. Pecha o programa un concerto de Los Claretes e Os Tristes.

Temas: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta