Gas Natural gaña o contrato de electricidade da Xunta, que non obriga a usar renovables

A Xunta de Galicia ultima a adxudicación dun dos seus maiores contratos. O orzamento inicial do expediente de “subministración de enerxía eléctrica aos centros de consumo da Rede de Enerxía da Xunta de Galicia (Redexga)” até 2019 superaba os 63 millóns de euros IVE incluído.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/08/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Tras máis de catro meses de trámites polo procedemento aberto con publicidade, a Mesa e Contratación propuxo o 11 de agosto a adxudicación a Gas Natural Comercializadora, o grupo catalán que mercou a galega Fenosa, por ser o máis barato.  Despois dunha negociación cos ofertantes, o Goberno sacou un prezo inicial para este ano de 12.995.476 máis IVE.

Sede de Gas Natural Fenosa
Sede de Gas Natural Fenosa | Fonte: lavozlibre.com

Segundo a documentación do expediente, os outros operadores que presentaron ofertas foron os portugueses de EDP, Endesa, Iberdrola e Nexus Energía. Foi este último, Nexus Energía, grupo español especializado en renovábeis, quen presentou inicialmente a oferta máis baixa, 13,5 millóns; pero posteriomente “como resultando da negociación presencial” proponse adxudicar o contrato a Gas Natural Fenosa.

A Xunta estima que Redexga consume máis 204 millóns de  kWh cada ano. Este consumo non inclúe todos os inmóbeis da Administración, pois por exemplo os hospitais licitan os seus subministro por separado.

O novo contrato ten validez polo que queda de ano e prolóngarase até finais de 2019. Con todo, existe a posibilidade de prologalo outros dous anos máis cun posible orzamento para tal fin de 52 millóns. Ademais do suministro, a adxudicataria comprométese a “mellorar a eficiencia enerxética en termos de redución de custes económicos”.

Sobre o que non hai compromisos é sobre a orixe da enerxía. A diferencia do que están a facer moitas administracións, sobre todo concellos, a Xunta non especificou nos seus pregos de condicións que determinada porcentaxe dos kilowatios tivese que vir de fontes renovábeis.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co ex-presidente de Gas natural Fenosa, Salvador Gabarró
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co ex-presidente de Gas natural Fenosa, Salvador Gabarró | Fonte: Ana Varela

Isto sucede malia que o país é un dos maiores produtores de renovábeis do Estado e Gas Natural Fenosa, precisamente, unha das eléctricas con máis concesións eólicas e hidroeléctricas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pachi Lucas

Para eso están os politicos nos consellos de administración