Empregar a rede para conseguir créditos axiña

A Rede hai tempo que se consolidou no país como principal fornecedor de créditos rápidos. Malia que coa recuperación económica as entidades tradicionais abriron algo a billa do financiamento aos pequenos empresarios, os poucos trámites necesarios para tramitar un crédito por Internet seguen a facer desta opción a máis interesante no caso de estar moi apurado.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 24/08/2017 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

O gran desenvolvemento dos créditos rápidos a través do ciberespazo creou un paradoxo. Por un lado,  podemos escoller entre gran variedade de modalidades de créditos, con garantías esixidas e formas de pagamento moi diversas.Pero por outra, a enorme cantidade de ofertas fai difícil indentificar cal é a opción que máis nos interesa.

Comprando en liña mediante tarxeta de crédito e tomando un café diante do computador
Comprando en liña mediante tarxeta de crédito e tomando un café diante do computador

Habitualmente considéranse minicréditos aqueles que ofrecen até uns 750 euros a cambio de poucas garantías. O límite por abaixo varía moito, incluso hai sitios como WannaCash que se poden pedir cantidades tan pequenas como 200 euros. 

A rapidez de tramitación do diñeiro é unha avantaxa adicional sobre a banca tradicional. Se nunha entidade común podemos tardar meses en tramitar calquera crédito, os operadores en liña poden darnos unha resposta en apenas uns minutos e, ademais, recibirmos o diñeiro en cuestión de días.

Ollo porque ninguén regala duros ao prezo de pesetas.  A rapidez que consiguen aforrando trámites provoca, lóxicamente, un aumento do risco que asumen os operadores en liña. Polo tanto,  suben os intereses que lles permitan facer fronte a unha taxa elevada de impagos.  

En todo caso, a elevada competencia neste sector -que non para de medrar nos últimos anos- é síntoma de que hai unha industria detrás que funciona, que encheu un baleiro que a banca tradicional non soubo explotar. Iso si, cómpre tamén tomar precaucións e non deixarnos cegar polas luces de neon.

Unha das recomendacións máis frecuentes esgrimidas polas asociacións de consumidores é realizar con prudencia todos os cálculos para ter a garantía de poder devolver o recibido a curto prazo. Ademais, quen solicite estes préstamos debe estar atento posíbeis problemas como, por exemplo, aportar datos confidenciais das súas finanzas ou que lles muden dun día para outro os intereses pola letra pequena.

Outros consellos útiles son elaborar un plan financeiro que nos permita poder afrontar as cotas sen problemas, ler con moita pausa as condicións e, sobre todo, comparar ben o que se escolle. E é que as diferencias que mostran indicadores como o TAE entre os diferentes operadores poden ser abismais. Así, no mercado pódense atopar TAE de pouco máis do 20%, pero tamén de máis do 2000%; e intereses inferiores ao 19% pero tamén superiores ao 35%..

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ximena Lopez

Pola miña parte, considero que o gran número de ofertas no é un problema senón unha axuda para aquelas personas que necesitamos ter un liña de créditos, para calquera improvisto. Polo demáis estou dacordo co articulo.