En Marea pide ao Estado que actúe para anular a moción de censura “ilegal” en Coristanco

Presentará unha proposición non de lei para demandar do Estado o exercicio de accións co obxectivo de anular o acordo do pleno que permitiu que Abraham Gerpe, concelleiro expulsado do PSOE, lograse o bastón de mando co voto dos seis do PP.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2017 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario de En Marea presentará este luns unha proposición non de lei para demandar do Estado o exercicio de accións co obxectivo de anular o acordo do pleno de Coristanco, que permitiu que Abraham Gerpe, o concelleiro expulsado do PSOE nesta localidade coruñesa, lograse o bastón de mando ao prosperar a moción de censura presentada contra Amancio Lavandeira (Terra Galega) co seu voto e os seis do PP.

Amancio Lavandeira, de Terra Galega (TeGa), alcalde de Coristanco, con outros integrantes do seu partido
Amancio Lavandeira, de Terra Galega (TeGa), alcalde de Coristanco, con outros integrantes do seu partido | Fonte: QPC

De acordo co artigo 65 da Lei de Bases de Réxime Local, relatou En Marea, "o Estado está lexitimado tanto para requirir do pleno a anulación do acordo como para impugnalo directamente no xulgado".

E é que, engadiu, "resulta manifesta a ilegalidade da celebración do pleno e, por tanto, do seu resultado ao prosperar unha moción de censura cando queda acreditado o incumprimento do artigo 197 da Lei orgánica 2/2011, de Réxime Electoral Xeral".

Así mesmo, o espazo de confluencia lembrou que a persoa que ten agora mesmo a alcaldía fora xa expulsada do grupo socialista, e a lei esixe, subliñou o partido instrumental, que "non pode computarse como propoñente da moción quen, por calquera causa, xa non forme parte do grupo municipal" polo que concorreu ás eleccións.

"O recurso que presentou contra a decisión orgánica do PSOE non é máis que unha manobra fraudulenta para pretender amparar o que non é outra cousa que unha violación manifesta tanto do pacto antitransfuguismo como do propio artigo 197 da Lei orgánica de Réxime Electoral Xeral", asegurou En Marea.

Por tanto, concluíu o espazo de confluencia, "a indigna operación da moción de censura de Coristanco, na que o PP apoiou ao concelleiro expulsado, non debe durar nin un día máis dos necesarios para restablecer a legalidade".

Pero ademais, En Marea considera que, con independencia da debida actuación do Estado, é necesaria a presentación "inmediata" do recurso xudicial de tutela de dereitos fundamentais por violación do artigo 23 da Constitución española, e anima aos grupos municipais de Coristanco a facelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 La m con la a

En el caso de que alguno de los proponentes de la moción de censura formara o haya formado parte del grupo político municipal al que pertenece el Alcalde cuya censura se propone, la mayoría exigida en el párrafo anterior se verá incrementada en el mismo número de concejales que se encuentren en tales circunstancias. Este mismo supuesto será de aplicación cuando alguno de los concejales proponentes de la moción haya dejado de pertenecer, por cualquier causa, al grupo político municipal al que se adscribió al inicio de su mandato. Penso que deberan cambiar a asesoría xurídica por alguén que saiba ler.

2 GRAN PITAAA....

PERO SI SON ELES SON PODREIROS.... o mellor non lles deron o unto solicitado... esta o can de Waldo das jons pableiras na manifa onde pitaron o rei do expañol foron e 3 avions... pagados por todos non vaia ser.. a viaxe gratis e o Waldo o expañolizador o traidor do lado do gobernó e monoarquia, digamos que fascista e oposta totalmente o pobo catalán... idevos so traidores!

1 Galegaenongaleguiña

Alguén sabe se foron moitos destes invitados á voda máis mediática desta fina de semana? https://okdiario.com/look/famosos/c... http://www.20minutos.es/noticia/312... Aparecerá no Hola? Oh si: http://www.hola.com/tags/alberto-ga...

1 Dior meu e Saint Laurent!!

Que comunistas máis finos gastamos, non? De boa familia moi ben relacionados e con posibles para invitar a màis de 200 persoas ó convite nunhas bodegas alugadas. E de traxe do que mandas os cánones consumistas e a contrainte de blanco e radiante tipo igrexa sen igrexa.