Animalistas denuncian a presenza dun circo con animais na Costa da Morte

A Asociación Animalista Libera pediu aos concellos de Ponteceso e Laxe que declaren estas localidades "libre de circos con animais".

Por Galicia Confidencial | Laxe | 28/08/2017 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

A presenza dun circo con animais estes días pola comarca de Bergantiños non foi ben acollida polos animalistas, sobre todo, en dous concellos que aínda permiten este tipo de actuacións; Laxe e Ponteceso

Dous elefantes nun circo
Dous elefantes nun circo

Por iso, a Asociación Animalista Libera instou a estes concellos a debater unha moción para declararse localidade ‘libre de circos con animais’, tal e como xa teñen feito outros municipios da comarca.

De feito, máis de 70 concellos galegos xa teñen aprobado medidas contra esta clase de espectáculos. Entre eles están os de Carballo, Coristanco ou Fisterra que xa se teñen adherido á rede de concellos libre de circos animais. Cee e Camariñas, tamén o teñen solicitado este curso. Diferentes países europeos xa prohibiron estes espectáculos como Bélgica, Austria, Croacia, República Checa, Finlandia ou Polonia

”Os defensores dos animais son especialmente críticos co uso de fauna silvestre en cautividad para ser empregada en espectáculos que supón un trato antinatural dos animais e cuxa vida está chea de problemas, tal e como sinalan os estudos internacionais elaborados respecto diso", apuntan os animalistas. 

"Un circo itinerante é completamente incapaz de garantir a satisfacción das necesidades biolóxicas e comportamentales dos animais, e estas empresas aprovéitanse do actual baleiro legal autonómico para seguir mantendo fauna silvestre en cautividad”, conclúen.”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta