Temas: CóMIC

Últimos días para coñecer o mellor da banda deseñada galega

A exposición «A banda deseñada galega nos anos de Viñetas» chega á súa recta final na Sede Afundación da Coruña. A mostra é parte da programación da vixésima edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña e aínda se poderá visitar ata o vindeiro 9 de setembro.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/08/2017 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Parte dun novo concepto, xa que é a primeira vez que o Salón coruñés organiza unha exposición retrospectiva-comparativa da obra de autores e autoras que expuxeron anteriormente neste evento.

Ether. La muerte de la última Llama Dorada
Ether. La muerte de la última Llama Dorada | Fonte: Caninomag David Rubín

Así, as pezas que a conforman son obra de debuxantes que tiveron unha mostra monográfica en edicións anteriores como Fran Jaraba, Fernando Iglesias, Xaquín Marín, Das Pastoras (autor do cartel da presente edición), Fran Bueno, Álex Cal, Emma Ríos, Víctor Rivas, David Rubín, José Domingo, Fausto Isorna, Jano, Martín Romero, Ramón Marcos e Kiko da Silva, e que este ano participan na exposición que acolle a Sede Afundación con oito pezas cada un, sendo, polo menos unha delas, anterior ao ano 1998, data na que comezou «Viñetas desde o Atlántico».

O horario de visitas é de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 h de luns a sábado.

Temas: CóMIC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta