SyngDoc: o descoñecido mundo dos signátidos

Científicos mostran nun documental o seu traballo con especies como o cabaliño do mar en contornas como as Illas Cíes, onde investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo documentaron por primeira vez a presenza desta especie no arquipélago galego, no marco do proxecto Hippoparques.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/08/2017 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

SyngDoc é un documental centrado nos Signátidos (cabaliños de mar, peixes pipa, dragóns de mar, etc), uns peixes singulares e extraordinarios pola súa bioloxía e ecoloxía. As imaxes mergúllannos nun mundo asombroso no que se nos revelan uns animais cunha bioloxía descoñecida e sorprendente, cuxa evolución no tempo lles permitiu adaptarse a novos ambientes no planeta e adquirir unhas características únicas no reino animal. Pero esas mesmas características fixeron a estes peixes moi vulnerables nunha contorna sometida a unha crecente destrución pola acción do ser humano. As consecuencias son graves e moi alarmantes para as poboacións salvaxes de moitas destas especies. O seu futuro depende do desenvolvemento de plans adecuados de sensibilización e de conservación.

Esta é a primeira referencia documentada de cabaliños de mar nas illas Cíes
Esta é a primeira referencia documentada de cabaliños de mar nas illas Cíes | Fonte: Manuel E. García Blanco.

O documental está financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT - Ministerio de Economía, Industria y Competitividad) e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Conta co patrocinio do Museo do Mar de Galicia, Getxo Aquarium, Acuario de Xixón, Fundación Zoo Barcelona, Disetermar e Buceo Islas Cíes, e a colaboración da Xunta de Galicia. Está coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) de Vigo e producido por Inxenia Audiovisual.

Este é un avance.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sergio

Fantástico documental del El desconocido mundo de los Signátidos. Lástima que nos lo estamos cargando todo, incluidos peces extraordinarios y únicos como estos Signátidos. Es lamentable como nuestra evolución está acabando con todo tipo de especies, incluidas las especies marinas. Para aquellos que les interese el mundo del pez pueden visitar todo sobre los peces en mi web favorita sobre acuariofilia.