Menor acusado de tentar agredir sexualmente a unha muller de 61 anos

Un mozo de 17 anos veciño de Narón (A Coruña) foi detido e enviado á comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón como presunto autor dun roubo e tento de agresión sexual a unha muller sexaxenaria e veciña do barrio de Caranza, en Ferrol.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2017 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

Segundo a información á que tivo acceso Europa Press, a agresión supostamente produciuse a media tarde deste luns, 28 de agosto, nun túnel peonil subterráneo, para poder atravesar a Avenida das Pías, e que comunica o barrio de Caranza co Bertón e a zona dos campos de fútbol situados no Polígono Industrial da Gándara.

Avenida das Pias en Ferrol
Avenida das Pias en Ferrol | Fonte: mapio

Os berros da agredida motivaron que varios veciños de Caranza decataranse do que sucedía, o que motivou a fuxida do presunto agresor e os chegada minutos máis tarde dunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazou ao lugar do suceso para atender á muller, que presentaba un estado moi alterado e desde onde foi traslada a un centro sanitario.

FUXIDA

Foi entón cando o mozo emprendeu a fuxida cara á zona de O Bertón, polo que acudiron ao lugar varias patrullas da Policía Local de Ferrol e da Policía Nacional, que non lograron dar co paradoiro do presunto delincuente.

Supostamente o mozo logrou refuxiarse no seu domicilio, a menos de dous quilómetros do lugar do suceso, nun dos barrios máis populosos de Narón, na Gándara. Os seus pais trasladárono durante a noite á sede da comisaría, ao sospeitar que o roubo e intento de agresión sexual fora realizado polo mozo, xa que lle constan varios antecedentes policiais por outros incidentes.

O mozo detido pasará previsiblemente nas próximas horas a disposición xudicial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 cacarexo

Non foi detido pola Policía. Foi entregado pola súa familia

1 Lei do menor

Menor e coa lei do menor española! Intocábel, mer.da de país. A partir do 2-O empezará a poñerse orde e man dura.