Protesta laboral contra Inditex na Coruña

A Coruña acolleu unha protesta laboral contra Inditex este xoves. En concreto, contra o peche dunha "histórica" tenda de Stradivarius en Catro Camiños. A protesta desenvolveuse coincidindo coa re-inauguración doutra tenda de Stradivarius da Praza de Lugo, tras ser reformada.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/09/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Aínda que a empresa prometeu que as operarias ían ser recolocadas noutros comercios da urbe, a CIG denuncia que perderán poder adquisitivo ao ter que compartir complementos con máis compañeiras. As traballadoras irán ao Centro Comercial Marineda e a citada Praza de Lugo, onde tivo lugar a concentración o xoves pola mañá.

Traballadoras de Stradivarius protestan contra o peche de tendas e o deterioro das condicións laborais na Coruña
Traballadoras de Stradivarius protestan contra o peche de tendas e o deterioro das condicións laborais na Coruña | Fonte: CIG

"Dende o primeiro momento, manifestamos a nosa rotunda oposición ao peche da tenda histórica do C.C. Catro Camiños, que, día tras día, supera os obxectivos de venda marcados. Porén, a empresa remarcou que era unha decisión comercial irrevogábel", argumentou Lucía Domínguez, presidenta do comité na provincia da Coruña. Na protesta tamén participou Paulo Carril, o novo líder da CIG.

Estímase que hai unhas 20 persoas afectadas polo traslado. GC púxose en contacto con Inditex para explicar o seu punto de vista do conflito, pero polo de agora non recibiu resposta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Antinostrus

Pois a min dixo-me un paxariño que o tal Ortega non sabe Repor un Botón nun Ollal....cuspidiño ao Cipaiomononeuronal do Nostrus (de porca nai morulizado, por certo).

1 vai mundo

É inhumano que unha única persoa teña máis diñeiro que o resto dos galegos todos xuntos, e os seus traballadores medio escravizados (e non falo do terceiro mundo)

1 Cansino

Pois monta ti un imperio dende 0 e cando teñas cartos abondo repárteos entre todos os galegos e ponlle soldos de 3000 euros aos empregados. O que hai que oír.... Como se ser empresario de éxito fose ser un delincuente. Veña home!!!!

2 Absit_gloriari_nisi

Hai para todos: Ponte ti a coser 20 pantalóns por minuto, como esixen algunhas "empresas" que traballan para I. Se a un empresario do textil non se lle coñece por TRABALLAR no textil ¿a qué lle chamamos empezar dende 0? Para ser vendedor, compre primeiro PRODUCIR , algo que os "empresarios" que temos esquecen moitas veces.

3 Cansino

Absit. O que queiras....fai o que el fixo e logo con eses cartos fai o que queiras....mentres pssdddd