Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/10/2010 | Actualizada ás 08:46
Os populares coruñeses xa teñen lema para a campaña municipal. “Ayer por Galicia, ahora por La Coruña”. Unha frase que chamou a atención dos xornalistas durante a presentación do slogan co que o PPdeG concurrirá as vindeiras eleccións municipais.
Pero, Negreira, que non é a primeira vez que atiza a guerra da toponimia, insitiu na “liberdade de cada cidadán” a utilizar o topónimo que queira fronte a “imposición” que, segundo el, está a facer o bipartito coruñés.
“Normalidad”
“Es un mensaje de normalidad. Si uno habla en castellano que utilice La Coruña y si habla en gallego, que diga A Coruña”, espetou. E ante a insistencia dos xornalistas suliñou que oficializará La Coruña se chega a alcaldía. Unha cuestión da que non quere pronunciarse o presidente da Xunta que sempre remite ao que diga a Xustiza.
E é que ata o momento, os tribunais aínda non lle deron a razón aos que queren que A Coruña sexa La Coruña a nivel oficial.
“Galiza”
"Otros utilizan Galiza con absoluta normalidad y aquí nadie les pregunta por qué lo utilizan, a pesar de no ser el nombre oficial que le corresponde a nuestra comunidad autónoma, así que no entiendo por qué no podemos utilizar el topónimo de La Coruña, en libertad", insistiu Negreira para defender a súa postura en clara alusión ao BNG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.