En liberdade con cargos os activistas de Greenpeace detidos tras a súa protesta na Coruña

Viaxan xa rumbo a Xixón no barco 'Esperanza' nunha campaña contra o cambio climático.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/09/2017 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

Os catro activistas de Greenpeace detidos este martes tras ser acusados de desobediencia á autoridade -despois de que a Garda Civil retirase ao grupo que protestaba no almacén de carbón do porto da Coruña que abastece á central térmica de Meirama- quedaron en liberdade con cargos, segundo informou a Europa Press un portavoz da organización ecoloxista.

Protesta de Greenpeace no Porto da Coruña
Protesta de Greenpeace no Porto da Coruña

Tras pasar a disposición xudicial, os activistas quedaron en liberdade ao redor das 22,00 horas do martes. Agora navegan rumbo a Xixón a bordo do barco 'Esperanza', que iniciou unha campaña polo Cantábrico contra o cambio climático.

Estes activistas, xunto a outros cinco que quedaron en liberdade despois da intervención da Garda Civil, participaron nunha protesta no almacén da 'Medusa'. Nela, despregaron unha pancarta na cúpula e mobilizáronse na entrada.

CAMBIO CLIMÁTICO

Todos eles chegaron a instalación de Gas Natural Fenosa en embarcacións neumáticas para levar a cabo unha xornada de protesta "coa intención de alertar ao Goberno sobre a necesidade de terminar coa queima de carbón e substituílo por enerxías limpas".

A organización ecoloxista comezou o pasado 1 de setembro unha campaña polo Cantábrico a bordo do barco 'Esperanza', baixo a lema 'Misión Salvar o Clima' para alertar de que a queima de carbón "é o principal responsable do cambio climático " e para esixir ao Goberno unha lei "que estableza un plan de peche para 2025 das térmicas de carbón".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 españarindependentista

dentro de pouco iras ao carcere por falar