O PPdeG conmemora nun vídeo os 100 anos de Fernández Albor, a quen Feijóo felicita en nome dos galegos

Os populares sinalan que segue sendo "un referente" e "un activo" para o partido

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2017 | Actualizada ás 18:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O PPdeG quixo trasladar este xoves unha mensaxe de felicitación ao seu presidente de honra Gerardo Fernández Albor polo seu aniversario número cen e preparou un vídeo que repasa en imaxes a súa traxectoria política e pretende servir como homenaxe ao que foi primeiro presidente da Xunta elixido as urnas.

Feijóo e Albor conversan
Feijóo e Albor conversan | Fonte: Europa Press

No seu centenario, numerosos dirixentes do partido trasladáronlle as súas felicitacións en redes sociais e tamén o fixo ao termo da reunión semanal do seu Executivo o actual presidente galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, "en nome" de todos os galegos.

Non en balde, Feijóo deu por feito que "a maioría dos galegos" celebran que o dirixente que botou a andar o autogoberno en Galicia cumpla 100 anos e chegue aos mesmos en "condicións óptimas" desde o punto de vista da saúde e "extraordinarias" tamén no que respecta a "capacidade" e "reflexión" política.

Nun comunicado, os populares subliñaron que Albor "segue sendo un referente do partido, un dirixente que non é patrimonio do PP, senón de todos os galegos, e unha das figuras máis importantes da democracia do país".

"Nestes tempos nos que hai territorios que, con frecuencia, toman camiños equivocados, o noso presidente de honra tivo por costume acertar e pór por diante os intereses do noso pobo", remarcan.

"UN ACTIVO DO PPDEG"

Engade o PPdeG que, aos seus cen anos, Albor continúa sendo "un activo" do partido, mantendo "un contacto permanente" coa súa cúpula e sendo "habitual" que contribúa coas súas achegas intelectuais e ideolóxicas, que "axudan na configuración do ideario político" popular.

De feito, recentemente, Feijóo visitouno na súa residencia, onde ambos os dirixentes mantiveron unha animada charla de política actual e da pasada, na que demostrou que "segue tendo unha capacidade privilexiada para temas políticos e para a xestión pública".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta