28.000 persoas asinan para rematar co “o me habla en castellano o no lo atiendo”

A iniciativa lexislativa “Sentido Común” para o dereito ao uso do galego no ámbito económico rexístrase no Parlamento.

Por Galicia Confidencial | | 20/09/2017 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística rexistrou este mércores máis de 28.000 apoios á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) “Sentido Común” de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

Marcos Maceira e Celia Armas, da Mesa, entrevistanse con Miguel Santalices
Marcos Maceira e Celia Armas, da Mesa, entrevistanse con Miguel Santalices | Fonte: A Mesa

Segundo a Mesa, esta ILP quere acabar coa frase famosa que tantos e tantas escoitamos en tantas ocasións: “O me habla castellano o no le atiendo”, mais tamén pór fin ás limitacións para o uso do galego para o empresariado que quere transmitir “cualidade, proximidade, empatía cos e coas consumidoras mais só atopan obstáculos”.

“Non pode ser que no ano 2017 a lingua galega sexa a única lingua do Estado que non conta cunha lexislación semellante para protexer quen usa o galego”, engade. No caso vasco os dereitos que contempla a ILP están recollidos no Estatuto das Persoas Consumidoras e Usuarias e no catalán no Código de Consumo de Cataluña.

Entrevista con Santalices

Previamente á entrega das sinaturas, o presidente desta entidade, Marcos Maceira e a membro da súa Comisión Permanente, Celia Armas,  mantiveron un encontro co Presidente da cámara galega Miguel Santalices para presentarlle o contido da proposta que se debaterá nas próximas semanas no Parlamento para a súa toma en consideración. Se o voto é favorábel comezará o proceso de transformación en Lei.

Os representantes da Mesa aproveitaron o encontro co Presidente do Parlamento para lle transmitir o agradecemento ao persoal da cámara pola axuda recibida desde que a iniciativa fora rexistrada no mes de febreiro.

Marcos Maceira e Celia Armas valoraron campaña desenvolvida que se fixaba inicialmente as 10.000 sinaturas que marca a lei de ILP. “Estes miles de apoios que case triplican o obxectivo, son mais necesarios que nunca para pór e evidencia e mudar as actitudes hostís que se manifestan no ámbito económico, desde corporacións que se negan a empregar a toponimia oficial a quen prohibe o uso do galego para facilitar a deslocalización ou utiliza un hipotético descoñecemento do galego para negar atención ou mesmo dilatar procesos xudiciais”, indicaron. 

A Mesa mantivo contactos para a presentación da proposta con e onte pola mañá reuniuse con Antón Arias presidente da Confederación de Empresarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

1 8bjg

Estades enfermos de ódio. Isso é mentira (e o sabedes). Sodes uns pailães patéticos.

1 Vivalarepublica

Tu si que odias yo he visto un anciano pedir un café en gallego y el camarero no atenderlo hasta que lo decía en español eso paso en la ciudad na zi de A Coruña donde todos son hi jos de Hitler lo mismo que le pasa a Vigo