Descobre como é a vida do lobo

Varios minidocumentais gravados nos montes da Costa da Morte amosan como é o ciclo reprodutivo, a alimentación ou o comportamento deste animal.

Por Galicia Confidencial | Corcubión | 25/09/2017 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

Hai uns días falabamos de Chisco Lema, un gran coñecedor da fauna e botánica da Costa da Morte, que abría unha canle en Youtube para ensinar o que oculta esta fermosa comarca galega. Perto tamén o corcubionés Francisco Santiago López leva tempo difundindo a fauna galega no noso idioma.

Unha femia de lobo cos seus cachorros
Unha femia de lobo cos seus cachorros

E, novamente, é o lobo o animal totémico elixido. Santiago López publica na súa canle de youtube Signatus Films unha completisima serie de vídeos sobre o o ciclo reprodutivo, a alimentación ou o comportamento deste animal nos montes da Costa da Morte.

Trátase de sete vídeos que amosan a vida dun dos animais máis fermosos e esquivos da nosa fauna salvaxe. Unha serie gravada en Galicia e Asturias, na que destacan as tomas gravadas nos montes da Costa da Morte. 

Coa colaboración de QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta