En Marea pregunta no Congreso polas adxudicacións irregulares no Porto Exterior da Coruña

A Autoridade Portuaria negouse a identificar á empresa beneficiada por 11 contratos nos que o Tribunal de Cuentas atopou multitude de irregularidades.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 27/09/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O Goberno deberá explicar no Congreso dos Deputados porque a Autoridad Portuaria de A Coruña (APAC) contratou, 11 contratos a unha mesma empresa  en opinión do Tribunal de Cuentas, de xeito irregular e directo. A deputada de En Marea Yolanda Díaz acaba de presentar unha pregunta escrita para tal fin na Cámara.

Enrique Losada Rodríguez, presidente da Autoridad Portuaria de A Coruña (APAC)
Enrique Losada Rodríguez, presidente da Autoridad Portuaria de A Coruña (APAC)

“Que empresa foi a beneficiada dos citados 11 contratos?” é unha das cuestións que forman parte da interpelación parlamentaria. Malia seren contratos públicos, tanto a APAC como o Tribunal de Cuentas negáronse a identificar a GC o nome da empresa beneficiada polas irregularidades.

Irregularidades de todo tipo, que inclúen a realización de servizos sen contrato formal e adxudicación de contratos posteriormente á realización dos traballos, segundo detalle un informe do propio Tribunal de Cuentas, como explicou GC o luns.

A parlamentaria galega cuestiona “por que levouse a cabo a contratación de forma directa e sen solicitude de ofertas?”. 

O informe relata que, entre 1997 e 2005, adxudicáronse "13 contratos ao mesmo contratista en solitario, ás súas filiais ou en UTE" e que, delas, "só dúas" foron en procedemento de concurso aberto".

Yolanda Díaz, deputada de En Marea
Yolanda Díaz, deputada de En Marea | Fonte: lasvocesdelpueblo.com

Outros sete contratos foron en adxudicación directa sen solicitude doutras ofertas. Ademais, engade que en dous contratos "non figura o sistema de adxudicación e en catro expedientes non se formalizou o contrato obrigatorio". En total a non identificada empresa facturou a APAC máis de 2,3 millóns por eses contratos.

Yolanda Díaz tamén pide información sobre as medidas tomadas polo Goberno para “efectuar unha previsión máis realista de custes e financiamento das infraestruturas”. Segundo o Tribunal de Cuentas a execución destas obras arrastra xa un sobrecusto do 27 por cento e iso que Punta Langosteira aínda carece de conexión por tren ou autoestrada. A APC estima que o subrecusto actual non supera o 9 por cento. A maioría dos fondos procede de Bruxelas e o tribunal de contas da Unión Europea leva anos tamén criticando a xestión de Punta Langosteira. 

GC contactou coa APAC para preguntarlle pola identidade da empresa beneficiada destas irregularidades e darlle a oportunidade de comentar as duras críticas publicadas polo Tribunal de Cuentas. Voceiros oficiais indicaron que esta Administración, controlada polo Estado pero na que tamén participan a Xunta e municipios da comarca, non tiña nada que dicir ao respecto.

Agora o Goberno ten até o 19 de outubro para dar explicacións sobre os contratos nos que a propia Administración atopou irregularidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta