A Feijóo preocúpanlle máis os venezolanos que foxen deste país que os refuxiados da guerra de Siria

"Mandamos unha mensaxe a todos os venezolanos que están en situación límite de que Galicia é un bo lugar de acollida, un bo lugar para vivir e para estudar os seus fillos", indica.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 29/09/2017 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Galicia só acolleu ao 13% dos 1.7000 refuxiados que se comprometera a acoller en 2015 e que deberían estar xa en distintos concellos do País desde o pasado martes, que é cando venceu a data límite dada pola UE. Pero, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, semella que está máis preocupado polo que acontece en Venezuela.

Un campo de refuxiados desplazados pola guerra de Siria
Un campo de refuxiados desplazados pola guerra de Siria

GC preguntoulle este xoves, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, polo incumplimento deste acordo europeo de recollida de refuxiados --que tamén incumpliu o coxunto do Estado español--. "Nós imos dar refuxio a todas as persoas que o Goberno central nos pida que deamos refuxio. Temos recursos, infraestruturas e músculo financeiro para facelo", dixo.

Feijóo insistiu, en todo caso, que o dato de acollidos en Galicia é superior en porcentaxe ao conxunto da media española e recalcou que o seu goberno "está a disposición deses refuxiados". Con todo, dixo tamén estar moi preocupado pola situación dos venezolanos ou galego-venezolanos.

"Tamén nos preocupa o éxodo de galegos-venezolanos que está habendo", dixo. De feito, foi máis alá e fixo unha oferta a todos aos que queiran saír do país caribeño para que veñan a Galicia. "Mandamos unha mensaxe a todos os venezolanos que están en situación límite de que Galicia é un bo lugar de acollida, un bo lugar para vivir e para estudar os seus fillos e nós intentamos axudar a todos os venezolanos que están perseguidos por razóns ideolóxicas que poidan vir a Galicia a vivir e instalarse", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 buWt

Le preocupan más los venezolanos como a cualquier gallego, hablan nuestra lengua, llevan nuestra sangre, son de nuestra cultura. Pero yo le diría a Feijoo que inste al gobierno central para que agilice la expedición de papeles para esta gente. No es normal que los venezolanos, solicitantes de asilo internacional, estén medio año con la carta roja como único papel. Vale, estos exiliados que huyen del terror y la miseria venezolana, al tener la carta roja son una excepción al real decreto para expedición de a tarjeta sanitaria, pero tienen muchas otras dificultades. No pueden obtener trabajo legal, están en la economía sumergida por ejemplo trabajando de camareros en turno de tarde o noche para sortear las inspecciones de trabajo, etc.

1 FERROLÁN DO PISCO

O que debería facer o governo central e dar os "papeis " a todos os cidadãos naturales das antigas colonias et protectorados de España..... RIF.. HISPANOAMERICA ,GUINEA ........

2 BTW

Como galego que son, non estou de acordo co que dis, non falan a miña língua nin levan o meu sangue, e os papeis os terán que conseguir coma calquera outro dos cidadáns dos paises sudamericanos. En México, por exemplo, morren ao ano por causas violentas 30.000 cidadáns, e viven nun terror constante. Non teñen dereito tamén a vivir os mexicanos? Non han merecer tamén a condición de asilados? En canto ao de ter traballo estou contigo, calquera asilado ha ter capacidade abondo para poder traballar e se manter.

3 FERROLAN DO PISCO

Cada vez que fala O Presenteiro , me pregunto, e evidente que se dirixe a inmaturos, ¿ aos seus votantes, ? Por favor que todos os políticos cando falen digan que están a se referir a os seus votantes, porqué o señor presenteiro toma por se- moventes a aqueles aos que se dirixe.

2 FERROLAN DO PISCO

Cada vez que fala O Presenteiro , me pregunto, e evidente que se dirixe a inmaturos, ¿ aos seus votantes, ? Por favor que todos os políticos cando falen digan que están a se referir a os seus votantes, porqué o señor presenteiro toma por se- moventes a aqueles aos que se dirixe.

1 Galego

Normal, primero los de casa. Los venezolanos son nuestra herencia.

1 RAIANO

Gran verdad , son nuestros herederos. .¡así les va ! Venezuela... que bien la reflejó C. Emilio Ferrriro en ... viaxe ao pais dos ananos ...joér.