Cataluña entra na historia da democracia

Cataluña está a piques de entrar na historia se non o fixo xa. O proceso catalán cara a independencia, a sempre polémica folla de ruta, está a vivir esta fin de semana as súas últimas horas. Semella quen o Estado español a verdadeira transición, xógase a unha soa carta: Barcelona. Unha crónica do noso enviado especial, Alberte Romo.

Por redaccion | Barcelona | 01/10/2017 | Actualizada ás 09:06

Comparte esta noticia

No porto varios transatlánticos acollen a milleiros de policías e aínda así a cidade  está tranquila. A dobre vida diaria, de cidadán que traballa e fan vida "normal" e a do turista de paso, continúa como se nada.

Xornada de reflexión en Badalona
Xornada de reflexión en Badalona | Fonte: Autor: Miguel Nuñez

"Votaremos mañá", asegura unha muller maila súa filla que nos atende nun dos poucos comercios que aínda non sucumbiron á entrada de investimento asiático. "Quero que a miña neta viva este momento histórico". É a sensación de que estamos diante unha data histórica.

Volver ao colexio

O sábado amenceu cos colexios ocupados por veciñas é veciñas, pais é nais que, logo do chamamento urxente de varias entidades, durmiron esta noite e ata mañá no que será un colexio electoral o 1 de outubro. "Defendemos o noso", explica unha das mulleres que fai café para todo o grupo, "queremos decidir o noso futuro, non que decidan por nós". Ao longo de todos o dia de hoxe estes centros mantiveron actividades abertas a todo o mundo e nin os mossos foron quen de cumprir as ordes da fiscalía. Agora mesmo, cando escribo esta crónica, continúan a protexer algo moi valioso: o seu propio dereito á autodeterminación.

Resposta españolista

Pola mañá a unha tímida concentración españolista na Praza de Sant Jaume seguiulle unha manifestación ultra de case 3.000 persoas que paralizou por momentos a Vía Laietana. Con berros de "Puigdemont a prisión" e cánticos españolistas encheron unha parte da praza que acolle as dúas cidades da cidade e do país: o Concello e o Palau de la Generalitat. Os presentes viñan de varios lugares de Catalunya mais tamén de fóra nunha concentración que rematou con incidentes cando quixeron retirar unha pancarta co lema "Máis democrácia". 

Xornada de reflexión en Badalona
Xornada de reflexión en Badalona | Fonte: Autor: Miguel Nuñez

Xornada decisiva

A noite do sábado ao domingo e a do propio domingo marcarán o destino catalán. Ás redes sociais informaron de que os efectivos policiais do Porto de Barcelona comezaban a "desembarcar" na cidade. A zona máis céntrica e ao tempo máis achegada segue en calma. Ainda asi parte da poboación admite ter medo. "Hoxe baixo moito a clientela" sinala Anxo, un emigrante ourensán propietario dun bar en Drassanes, "non sabemos o que hai pasar". Nunhas horas teremos a resposta.

Xornada de reflexión en Badalona
Xornada de reflexión en Badalona | Fonte: Autor: Miguel Nuñez
Xornada de reflexión en Badalona
Xornada de reflexión en Badalona | Fonte: Autor: Miguel Nuñez
Un colexio na xornada de reflexión en Badalona previa ao referendo en Cataluña
Un colexio na xornada de reflexión en Badalona previa ao referendo en Cataluña | Fonte: Miguel Nuñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 tono

visca catalunya lliure

4 Gilo

Si el articulista viviera en 1936 sería partidario de Adolf Hitler

3 Expaña non existe

O putrefacto, corrupto e criminal réxime mona-rquico neo franquista expañol, tan só pode manterse en pé, perseguindo e reprimindo ao pobo catalán. Atacando a democracia, e o dereito a decidir, amparados nunha suposta constitución imposta polps franquistas e non votada pola inmensa maioria da cidadania actual. Constitución violada sen referendum polo PPSOE para darlle prioridade o pago da debeda estafa privada feita público polos esbirros do réxime, lacaios das reaccionarias e chauvinistas oligarquías monopolistas.

2 O Tiradentes

Eu tava na rua ai, então eu vi um bicho, e falei: será que é um leão? Ai vi que não era… Depois fui ver, era um catalão querendo votar… Fiquei com muito medo, sai correndo, se fosse um leão ne… Aquele dia foi ruim, so quem passa que sabe!

1 Vento de liberdade

El que escribe eso no es un enviado especial. Es un comisario político a sueldo de los golpistas del nacionalsocialismo catalán: ultras, españolistas; "historia de la Democracia", nada menos, ja,ja,ja. Recordemos lo que hacían los de Euskal Herritarrok cuando pedían "Democracia para Euskal Herría" mientras pegaban tiros a todo el que se oponía.O también a la República Democrática de Alemania, la de la Stasi que asesinaba a cualquiera que intentara saltar el muro. A lo mejor tampoco se ha enterado que todos los juristas catalanes sin excepción, consideran el montaje del referendum como un disparate legal sin sentido alguno.

1 Yaestabien

Los que no dejáis votar sois los es pa ño les de mi er da que en vuestra pu ta vida sabréis lo que es la democracia.visca Catalunya lliure