O galego e a súa relación co portugués, a debate nos EE.UU.

Regueira destaca que os trazos fonético-fonolóxicos do galego e o portugués son resultado de múltiples factores e rebordan o ámbito do contacto lingüístico.

Por Galicia Confidencial | Wisconsin | 04/10/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O galego e a súa relación co portugués como lingua volveu centrar os pasados 29 e 30 de setembro a 6ª edición do Lusophone and Hispanic Linguistics Symposium na Universidade de Wisconsin-Milwaukee. 

Xosé Luís Regueira, Catedrático de filoloxías galega e portuguesa na USC na Universide de Wisconsin
Xosé Luís Regueira, Catedrático de filoloxías galega e portuguesa na USC na Universide de Wisconsin | Fonte: Milwakee

Na edición deste ano participou Xosé Luís Regueira, Catedrático de filoloxías galega e portuguesa, investigador do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e membro de número da Real Academia Galega. A conferencia plenaria inaugural do Profesor Regueira  en LHLS 6 tratou as relacións históricas existentes entre o galego e o portugués e mailas continuidades e descontinuidades observables entre ámbalas linguas no ámbito da fonética e a fonoloxía. 

O profesor Regueira referiuse, entre outros aspectos, a como os trazos fonético-fonolóxicos do galego e o portugués son resultado de múltiples factores e rebordan o ámbito do contacto lingüístico, ó estaren relacionados con múltiples parámetros lingüísticos e sociolingüísticos. Así mesmo, ó debulla-las investigacións realizadas tanto no portugués coma no galego, este experto referiuse a como os falantes son, ás veces, os que desmontan algunhas das explicacións achegadas desde certas análises lingüísticas. 

Malia a ser o portugués europeo estándar resultado da socialización das variedades do eixo Coímbra-Lisboa, factores de identidade e solidariedade lingüística fan que as variedades do norte de Portugal se acheguen en moitos casos á lingua galega, histórica e actual, e mailo seu estándar.

Nova investigación

Por outra banda, a investigadora galega da Universidade de Minnesota Mónica de la Fuente e a profesora da Universidade de St. Thomas Susana Pérez Castillejo presentaron os primeiros resultados dun proxecto de investigación en curso, no que se están a analizar cun importante grao de sistematicidade as vogais tónicas tanto do galego coma do castelán. As investigadoras das universidades norteamericanas puideron documentar como o castelán de Galicia segue presentando trazos inequivocamente galegos e como no ámbito da fonética a separación entre ámbalas linguas é en moitos casos difusa. De la Fuente & Pérez Castillejo planean estender os seus traballos tamén a outros aspectos  fonéticos das linguas faladas en Galicia.

O evento foi tamén unha oportunidade para seguir visibilizando a lingua e a lingüística galegas nos Estados Unidos, e para partillar experiencias con investigadores que traballan tanto no español coma do portugués en Norteamérica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Anônimo

O galego e o português som apenas denominações distintas prá mesma língua. Ò igual que o espanhol e o castelão. https://umnovoreintegracionismo.wor...

2 José Ramom Pichel

Duas línguas? Melhor falade de dous padroes construidos de jeito diferente. E digo construidos. É bom ler este livro do Fernando Corredoira para compreender as línguas como construtos humanos. http://www.laiovento.com/CATALOGO/5...

1 TnTm

A primeira ponte entre Galicia e Portugal construiuse en 1890, ata ese intre non existian relacións fluidas entre ambalas duas beiras do Miño. O galego é tan diferente á lingua de Braga como a de Lisboa.

1 Gallego Español Bueno

E o brasilero, iso é outro mundo! Igual que o pampeño, o mexicano... Nada de español! E o andaluz que non é castelán (xa ten gramática propia), tan diferente do astrur-leonés... Por certo, no río Miño antes das pontes non había barcas (outro invento lusista), igual que a raia seca (un mito do imperialismo portugués).