O PP quere obrigar ao resto dos grupos a que apoien o discurso de Felipe VI

Tamén pide que se respalde a actividade da Garda Civil e da Policía Nacional en Cataluña. En Marea e BNG piden cambiar o actual marco de relación entre Galicia e o Estado pero, ao igual que o PSdeG, centran as súas propostas en mellorar a situación económica e social dos galegos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/10/2017 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Os populares están dispostos a converter o caso catalán nunha nova baza electoral en Galicia. Logo da intervención de Feijóo duranta o discurso do estado do país, centrado principalmente en Cataluña, o PP pide que o Parlamento de Galicia exprese a súa adhesión ao contido do discurso do  Felipe VI, ante o conflito catalán e tamén que manifeste "a súa solidariedade e respaldo á Policía Nacional e á Garda Civil no seu labor de defensa e protección dos dereitos e liberdades amparados pola Constitución a todos os cidadáns".

Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

Estas son algunhas das 40 propostas de resolución que rexistraron no marco do primeiro Debate sobre o Estado da Autonomía da X Lexislatura e inciden en que a Cámara galega debe "condenar o acoso que sofren" os membros das forzas de seguridade desprazados a Cataluña, entre os que se atopan galegos, por "defender o Estado de Dereito e salvagardar a convivencia, a seguridade e a tranquilidade da cidadanía".

Con todo, e a pesar da insistencia no tema catalán, o viceportavoz parlamentario, Miguel Tellado, rexeitou unha instrumentalización da figura do xefe do Estado con propostas deste tipo e subliñou que a oposición debe "aclarar onde está".

Novo marco político para Galicia

Pola súa banda, os grupos da oposición incidiron na necesidade de cambiar o actual marco de relación entre Galicia e o Estado español e superar o actual Estatuto de Autonomía. Así, En Marea pediu o recoñecemento do dereito a decidir dos pobos por parte do Parlamento, a loita contra a precariedade laboral e contra a violencia de xénero ou a posta en marcha dunha estratexia que permita a Galicia crear "máis e mellor" emprego, son algunhas das 40 propostas de resolución que En Marea levará ao Debate sobre o Estado de Autonomía.

Estas medidas foron presentadas polo viceportavoz parlamentario do partido instrumental, Antón Sánchez este xoves nunha rolda de prensa na que asegurou que, con estas medidas, En Marea busca "dar unha solución aos miles de persoas que non poden ter unha vida digna polas políticas" do Partido Popular.

Pola súa banda, o BNG propuxo a posta en marcha dun relatorio para "superar" o actual marco estatutario e "adaptalo á Galicia do século XXI", blindar servizos públicos con medidas como o compromiso de destinar o 7% do PIB a garantir o ensino público, así como recuperar o consenso político sobre o galego "garantindo e respectando" os dereitos lingüísticos do pobo.

Entre outras cuestións, o Bloque tamén defenderá a despatoloxización da transexualidade a través dunha lei galega de identidade de xénero, a retirada das reformas laborais, así como a posta en marcha dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois.

Medidas económicas

Pola súa banda, a recuperación económica, a modernización de Galicia, a mellora do autogoberno e a mellora dos servizos públicos centran as 40 propostas de resolución que o PSdeG presentou para o Debate sobre o Estado da Autonomía.

Entre outras medidas, os socialistas urxen a cobertura de todos os dependentes en listas de espera, reclaman un novo decreto que regule o uso do galego na educación, demandan reformar o Estatuto de Autonomía, expoñen iniciativas en materia de industria e abren novas vías para reclamar o traspaso da AP-9.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Arxelino

A este Aneuronal de "Berros" na Cochiqueira poríano a lavar o Cú dos seus seres superiores: os Porcos, conforme as súas pericias e necesidades.........

4 Arrouxo

Hai unha cousa que non acabo de entender. Eu tinha un parente de dereitas que era republicano ata a médula. Morreu. E creo que con él todos os que tinhan dous dedos de fronte. Estes do PP son tan cutres que non hai por onde colhelos. Ser do PP hoxendía vén sendo como serem monárquico e Filipe VI un ser superior. Son tan cutres que meten medo. Estar gobernados por xente tan mediocre...

3 Berros galegos

Los golpistas se quejaban falsamente del dinero que se iba fuera de Cataluña. Pues muy bien, hoy se fue el Sabadell, mañana LaCaixa y muchas grandes empresas más. Unos genios estos golpistas

1 Ouveos españolistas

Si, hoxe foise o Sabadell, mañá vanse Ciumarranos, encabezados polo dúo Rivera-Arrimadas xa que o negocio xa non ten patrocinadores en Cataluña. O lixo para España. Curioso, cansastes de repetir que a independencia era cousa das grandes empresas, de ricos insolidarios... e vai ser que estés son españolistas! E, se cadra, vos sodes os golpistas!

2 Desppeirador

Chamarlles golpistas a quenes queren votar é de papanatas feixistas coma vos. Hai máis de dous millóns de persoas que queren independencia en Catalunia e un 80% que querían votar no referéndum. Tedes todos os medios de comunicación repetindo coma cotorras as vosas paparruchas sobre Puigdemont, jxsi, corrupción (só a catalana cando hai novas de independentismo) etc. A CE, desinformada do feixistas que sodes, mirando para outro lado e deixando a xente desarmada perante unha corda de inúteis coma vos que viven da mamandurria. E aínda así non podedes cos cataláns ¿Vós quén sodes para chamar golpista a ninguén? Por culpa de xente coma vos, España e Europa son cada vez máis febles e dependentes, xa non sodes exempro de nada, nin para Venezuela, nin para os países islámicos, nin para o mundo. Non se trata de España, trátase do futuro de Europa se non recoñecedes o dereito a decidir e organizarse cada rexión da forma máis eficiente posible.

3 Brizos Galegos

A ver, ho, o noso glorioso Presidente non só conseguíu iso, senon que fixo que tiveramos que pagar 8.000 millóns de nada por facelo, e non lle fixo falla sacar urnas pra preguntar. El si que é un artista e non os cataláns estes.

2 galegoexiliado

Tal coma naqueles tempos nos que se promovían actos de ADHESIÓN AL CAUDILLO e se obrigaba a xurar lealdade as LEYES DEL MOVIMIENO, ainda que algún rey renegara de elas pa manterse no poder. Estos fachas confunden a democracia con unha relixión e aos seus líderes con deuses infalibles e adorables. Bueno, quen lles vote e adore si que teñen.

1 Frijol

Eu prefiro apoiar a Marcial Dorado e Sito Miñanco..