O Concello de Lugo tamén se suma á eliminación de especies invasoras

Realizará unha xornada divulgativa e demostrativa de voluntariado coa participación de alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 15/10/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Persoal do Concello de Lugo tamén se suma á eliminación de especies invasoras. Súmase deste xeito a outras iniciativas semellantes como a que tamén baralla o Concello de Santiago de eliminar os eucaliptos sen control dos espazos públicos.

Exemplares de herba da Pampa, unha especie invasora que ameaza a flora autóctona
Exemplares de herba da Pampa, unha especie invasora que ameaza a flora autóctona | Fonte: EU Narón

No caso de Lugo, o concello informa de que o vindeiro martes de 12:00 a 14:00 horas aproximadamente se realizará unha xornada divulgativa e demostrativa de voluntariado para a eliminación de plantas alóctonas invasoras. O Concello colabora deste xeito cun proxecto galego, impulsado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Esta actividade, que contará coa participación de alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro, terá lugar na parcela de titularidade municipal próxima aos campos de fútbol do barrio de Montirón, onde se realizará unha actuación de eliminación de Conyza canadensis. Preténdese acadar a participación e o compromiso da cidadanía na conservación do medio ambiente e a promoción da sustentabilidade ambiental.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Montesío

Moi boa idea! A ver se inda chegan a tempo.