Quéimase un dos grandes pulmóns verdes de Galicia, Os Ancares

O tres incendios forestais que se rexistran no municipio de Cervantes (Lugo) arrasaron na súa maior parte superficie de "gran valor ecolóxico". Toda a Rede Natura consumida polas lapas, que tamén queimaron castiñeiros centenarios.

Por E.P. | LUGO | 17/10/2017 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Os Ancares, reserva de vida e verde de Galicia, tamén se queima. Os tres incendios forestais que se rexistran no municipio de Cervantes (Lugo) arrasaron xa unha superficie de "gran valor ecolóxico" nesta zona.

Lume desta fin de semana nos Ancares
Lume desta fin de semana nos Ancares | Fonte: Bombeiros forestais de Galicia

Así o explicou, en declaracións a Europa Press, o alcalde de Cervantes, Benigno Gómez, quen lamentou os danos causados polo lume. "Foi unha pena, ardeu todo en zona Rede Natura e reserva de caza", dixo sobre a afectación nesa área dos Ancares onde se sitúa o municipio.

O rexedor destacou que desde as 7,00 horas deste martes comezou a chover. "Se non chove non se dá apagado", comentou o alcalde, quen resaltou que "había moita maleza" que non ardera en anos.

Gómez apuntou que os habitantes de Cervantes están "moi amolados", que levan dúas noites sen durmir debido aos tres incendios no municipio. Ademais, subliñou que foi "desolador ver como ardían" castiñeiros centenarios e outras zonas de alto valor ecolóxico.

O alcalde lembrou que comezaron tres focos e o sábado actuaron na zona medios aéreos ao rexistrarse o lume en puntos de difícil acceso. Con todo, o domingo unha gran "ventoleira" e a calor "con 28 graos" agravou a situación, ao que se sumou que a "fumareda" dificultou "poder traballar aos medios aéreos".

Oso Pardo nos Ancares
Oso Pardo nos Ancares | Fonte: turgalicia

BENS QUEIMADOS

O lume queimou desde a fin de semana unha casa na poboación de Freixedo, na parroquia de Cereixido, onde se localiza un do tres incendios declarados a fin de semana no municipio. Os outros dous lumes localízanse nas parroquias de Donís e Noceda.

O rexedor explicou que o morador desa casa queimada fora reacollido. Ademais, sinalou que se queimaron as palleiras, alpendres e algún vehículo, entre outras cousas.

Este martes pola mañá a situación mellorou na zona xa que, sostén o alcalde, "o lume está controlado". Respecto diso, engadiu que o lume está "lonxe das casas", polo que se desactivou a situación 2 que se decretou por risco para vivendas. "Ao chover mellorará a situación", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta